Juan Juega Puig, nado en Pontevedra o 14 de abril de 1954 e finado na mesma vila o 19 de marzo de 2018"Fallece el historiador pontevedrés Juan Juega Puig", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 20 de marzo de 2018 ., foi un historiador e profesor galego.

Traxectoria Licenciouse primeiro e doutorouse despois (2014) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese doutoral dedicoulla ao comercio marítimo en Galicia entre os séculos XVI e XVII.

Como historiador, especializouse na historia da súa vila natal, Pontevedra. Laboralmente, foi profesor de secundaria en institutos de bacharelato de Ponteareas, Pontevedra (A Xunqueira), Poio e Vilagarcía de Arousa. Dirixiu o Instituto de Estudos Históricos da Deputación de Pontevedra.

Escribía artigos sobre temas históricos para o Faro de Vigo.

Vida persoal Foi o sexto dos nove fillos de Ramón Juega Rúa e María del Carmen Puig Gaite. Tivo tres fillas con Anen Rivera Quintana (María, Marta e Carmen Juega Rivera) e un con María José Frías (Fernando Juan Juega Frías). Cando morreu estaba casado con Pilar Rosales.

Obra Pontevedra, villa amurallada (Deputación de Pontevedra, 1995; con Antonio de la Peña e Enrique Sotelo) El estanco de la sal en Galicia. Siglos XVI-XVIII (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, 2006) A historia de Galicia nos seus textos (Vía Láctea, 1996) As rúas de Pontevdra (Deputación de Pontevedra, 2000) La flota de Nueva España en Vigo, 1702 (Ediciós do Castro, 2001) Los Dinís un linaje judeoconverso en la Pontevedra de los siglos XVI y XVII (Ediciós do Castro, 2004) Specvlvm humanae vitae. O Camiño da Vida na contraportada da Igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra (Concello de Pontevedra, 2010) El Comercio Marítimo de Galicia 1525-1640 (Deputación de Pontevedra, 2014; tese doutoral)

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega