Karl Fogel é un autor estadounidense, programador, director executivo da organización sen ánimo de lucro About QuestionCopyright, e antigo membro da xunta da Open Source Initiative onde desenvolveu a tarefa de tesoureiro. O seu traballo, Creando Software Libre, é unha fonte de información ben referenciada sobre o lado humano do software de fonte aberta. Fogel actualizou este libro con licenza Creative Commons (CC BY-SA 4.0) a unha segunda edición no ano 2017 mediante unha exitosa campaña de crowdfunding en Kickstarter.com.
Obra traducida ao galego A obra Creando Software Libre foi traducida para o idioma galego grazas ao traballo totalmente voluntario de máis de 11 persoas coordinadas pola Asociación GHANDALF, tendo esta edición galega a mesma licenza libre que a orixinal e sendo o maquetado feito con software libre. O autor realizóu un prólogo especial para a versión en galego, que conta ademais cun poema da poetisa Yolanda Castaño, e un epílogo do escritor Suso de Toro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Creando Software Libre para ler ou descargar en .pdf Blog sobre o proceso de tradución ao galego En GitHub En GitHub Páxina persoal Artigo
Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en ano descoñecido