Os Premios de Teatro María Casares ao mellor espectáculo infantil son outorgados pola Asociación de actores e actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior. É a categoría máis nova de todas, xa que existe desde a edición de 2015. Galardoaron na categoría de mellor espectáculo infantil as seguintes producións:

2015. A casa do avó (Tanxarina) 2016. Feo! (Caramuxo Teatro) 2017. Danza da choiva (Elefante Elegante) 2018. A galiña azul (Tanxarina) 2019. Patapatúm (Elefante Elegante) 2020. Ummm! Unha comedia musical... para chupar os dedos (Teatro Avento Producións) 2021. Os nenos da varíola (Pérez&Fernández) 2022. Hugo (Os Náufragos Teatro) 2023. A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro 2026: Berenguela na gaiola (Galeatro e Xarope Tulú)

As compañías máis premiadas A pesar da curta vida desta categoría dos Premios, as compañías Tanxarina, Caramuxo Teatro e Elefante Elegante xa o recibiron en dúas ocasións cada unha.

Véxase tamén

Ligazóns externas Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG Asociación de Actores e Actrices de Galicia

!