Alén dos Xéneros foi unha mostra artística colectiva comisariada por Ánxela Caramés. A mostra expuña a relación entre os conceptos feminino e feminista e entre os conceptos de masculinidade e feminidade. Foi unha coprodución do Auditorio de Galicia co Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

No MARCO estivo entre xaneiro e xuño de 2017 e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, entre xullo e novembro de 2017.

As/os artistas que participaron foron: Julio Manuel Álvarez Bautista (Vigo, 1992) Xoán Anleo (Marín, 1960) Lara Bacelo (Mos, 1981) Katrina Biurrun (Barcelona, 1966) Vicente Blanco (Cee, 1974) Claudia Brenlla (Brasil, 1964) Mónica Cabo (Oviedo, 1978) Mar Caldas (Vigo, 1964) David Catá (Viveiro, 1988) Salvador Cidrás (Vigo, 1968) Contenedor de Feminismos Andrea Costas (Vigo, 1978) Carolina Cruz Guimarey (A Coruña, 1981) Luz Darriba (Montevideo, Uruguai, 1954) Sabela Dopazo Vieites (Santiago de Compostela, 1975) EDU Eduardo Fernández (A Coruña, 1987) El Ama de Casa Pervertida (Vigo, 1922) Cristian Gradín & Pablo Huertas (Soutomaior, 1980 / Pontevedra, 1984) Félix Fernández (Viveiro, 1977) Basilisa Fiestras (Forcarei, 1986) Xisela Franco (Vigo, 1978) Celeste Garrido (Marín, 1972) Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978) Ana Gil (Ourense, 1973) Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1947) Cristian Gradín (Soutomaior, 1980) Yolanda Herranz (Baracaldo, 1957) Colectivo LAG Lara Buyo & Ana Corujo (A Coruña, 1993 / Viveiro, 1993) Rebeca Lar (Vigo, 1993) Carmen Llonín (Lugo, 1964) Gema López (Lugo, 1987) LSD María Marticorena (A Coruña, 1977) Chelo Matesanz (Reinosa, 1964) Álex Mene (Vigo, 1968) Moona (Vigo, 1975) Carme Nogueira (Vigo, 1970) O.R.G.I.A Mery Pais (Santiago de Compostela, 1990) Marta Paz (A Coruña, 1976) Uqui Permui (Barallobre, 1964) Laura Piñeiro (Pontedeume, 1984) POST-OP Majo Pulido & Elena Urko (Ourense, 1974 / Irún, 1975) Mar Ramón (Valencia, 1993) Reme Remedios (Romiña, 1972) Rita Rodríguez (A Coruña, 1981) María Ruido (Pidre-Xinzo de Limia, 1967) Sara Sapetti (Valladolid, 1976) Neves Seara (Ourense, 1983) Sonia Tourón (Pontevedra, 1979) Peque Varela (Ferrol, 1977) Notas

Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Exposicións en Galicia Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes Categoría:2017 en Galicia Categoría:Arte feminista