Zoe Elizabeth Sugg, nada en Brighton o 28 de marzo de 1990, é unha blogueira de moda e beleza, YouTuber, e autora inglesa , máis coñecida polo nome da súa canle de YouTube, Zoella. A súa novela de debut, Girl Online, foi lanzada en novembro de 2014 e rompeu marca de vendas na primeira semana do seu lanzamento.

Traxectoria Sugg estaba a traballar como aprendiz nunha empresa de deseño de interiores cando creou o seu blog "Zoella", en febreiro de 2009. A finais dese ano, xa tiña mil seguidores e en setembro de 2015 recibira máis de 540 millóns de visitas totais. Os tips de moda, beleza, estilos de vida e o éxito do blog, levárona a subir vídeos á súa canle de YouTube en 2009.

En 2013, Sugg foi nomeada como unha das embaixadoras do Servizo de Cidadán Nacional, axudando a promover o servizo da mocidade recentemente lanzado. Ao ano seguinte foi nomeada como a primeira "Embaixadora Dixital" para a mente, a organización benéfica de saúde mental.

YouTube A súa canle principal chamado "Zoella", mostra principalmente vídeos de moda e beleza. A súa segunda canle, MoreZoella, contén maioritariamente vlogs onde mostra os seus espectadores que fai no seu día. Sugg fixo moitas colaboracións na súa canle Zoella con outro YouTubers, incluíndo: Louise Pentland, Tanya Burr, Alfie Deyes, Tyler Oakley, Troye Sivan, Grace Helbig, entre outros.

En decembro de 2014 Sugg foi criticada por filmar mentres conducía no seu coche. Un membro da Policía Metropolitana dixo "Podería matar a alguén. Como pode alguén que ten os seus ollos na estrada por esa cantidade de tempo deter o control completo dun vehículo?" O portavoz de Sugg declarou que "no momento da filmación o tráfico era mínimo e que na maioría da duración do vídeo o vehículo atopábase estacionado".

Novelas Sugg asinou un contrato de dous libros con Penguin Books en 2014. Os dereitos editoriais norteamericanos estiveron adquiridos por Atria.

A novela debut de Zoella, Girl Online, foi lanzada o 25 de novembro de 2014. O libro está dirixido a un público xuvenil e conta a historia dunha moza de 15 anos, quen é unha bloguera anónima e que pasa cando a súa blog vólvese viral. A pesar de que moitos consideran que o libro é unha novela baseada na vida de Zoella, Sugg declarou que o libro non é "de ningún modo autobiográfico".

Penguin declarou que "Sugg non escribiu Girl Online pola súa conta", declarando que"traballou cun equipo editorial de expertos para axudala a dar vida aos seus personaxes e experiencias nunha historia conmovedora e convincente".

Unha secuela, Girl Online: On Tour, foi lanzada o 20 de outubro de 2015.

Música Sugg presentou no 2014 un single chamado "Do They Know It's Christmas?" como parte de Band Aid 30. A recadación do diñeiro foi doada aos afectados pola epidemia do virus ébola en África Occidental.

Zoella Beauty Sugg lanzou unha gama de produtos de beleza baixo o nome de "Zoella Beauty" en setembro de 2014.

Vida persoal Zoe Sugg é a irmá máis vella de Joe Sugg, que tamén é un blogueiro e personalidade de Internet coñecido como ThatcherJoe. Creceu en Lacock, Wiltshire, onde asistiu a The Corsham School secondary school. Actualmente vive en Brighton. Zoe Sugg ten unha relación con Alfie Deyes, personalidade de YouTube coñecido como PointlessBlog.

Lista de obras Girl Online (2014). Girl Online: On Tour (2015). Girl Online: Going Solo (2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Brighton Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Blogueiros