Anxo de terra (1ª edición, 1950) ou Anjo de terra (edición de 1980) é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero.

Características A preocupación existencial, a incógnita sobre o eu, a dúbida como única verdade accesíbel ao humano, a figura do anxo, a consciencia da condición humana e o desexo de retorno ao paraíso, forman o discurso poético do autor.

Segundo Henrique Rabuñal: é un retrato do poeta como anxo de terra que aspira a subir ao ceo, coma anxo da néboa e da señardade que contempla o verdor da terra e cisma no sentido da morte. Para Henrique Dacosta: o home, neste poemario, será concebido como o tal anxo da terra, como o que se move entre a covarde arxila de que está construído e a ansia de tentar alcanzar o paraíso perdido.

Poemas Na edición de 1980 inclúense: Retrato de poeta

Anjo de terra

Verdor 1 Verdor 2 Nome lanzal Cidade dos anjos

Choiva Rolda da morte A vida home Ven ti acó Muller Beleza de muller Danza Égloga entre o verde e o azul

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Pretérito imperfeito (1927-1961)

Categoría:Obras literarias de 1950 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de poesía en galego