Living Things é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Linkin Park, publicado o 20 de xuño de 2012 no Xapón (no resto do mundo na seguinte semana) a través dos selos Warner Bros. Records e Machine Shop Recordings. O disco foi producido polo vocalista Mike Shinoda e por Rick Rubin, que tamén se encargaran da produción dos dous anteriores traballos do grupo, Minutes to Midnight (2007) e A Thousand Suns (2010).

O sinxelo principal do disco, "Burn It Down", foi enviado ás emisoras de radio e publicado en tendas dixitais o 16 de abril de 2012. Living Things estreouse no número 1 da lista Billboard 200 ao vender 223 000 copias durante a súa primeira semana nos Estados Unidos. O segundo sinxelo, "Lost in the Echo", lanzouse o 19 de outubro; o terceiro, "Powerless", o 31 de outubro; e o cuarto e derradeiro, "Castle of Glass", apareceu en formato físico o 1 de febreiro de 2013. En decembro de 2013 o álbum levaba vendidos 2,5 millóns de copias en todo o mundo e en agosto de 2017 foi certificado platino pola RIAA.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Linkin Park Categoría:Álbums musicais de 2012 Categoría:Álbums producidos por Rick Rubin Categoría:Álbums producidos por Mike Shinoda Categoría:Álbums de Warner Bros. Records