Blanca Rego Constela, nada en Ferrol en 1974, é unha artista audiovisual, cineasta e “noisemaker” galega, coñecida tamén polo seu alias “_blank”. Tamén é tradutora, redactora, creadora de contidos audiovisuais e especialista en cine e arte sonora.

Traxectoria Rego naceu en Ferrol, mais en 1993 mudouse a Barcelona onde comezou os seus estudos de dirección de cine en C.E.C.C. até 1996. Posteriormente ampliou a súa formación cursando estudos de animación e multimedia entre 1996 e 1999 na academia Fak d'Art (A Faktoria d'Art).

Nos seus traballos creativos afonda nas posibles relacións entre a imaxe e o son tal e como expresa no seu manifesto de artista. Desde 2008, coedita o blog Mediateletipos sobre cultura aural e activismo audiovisual.

Obra O seu traballo proxectouse en diferentes festivais de cine internacionais e exposicións. Rego participou en conferencias e residencias artísticas en centros de arte, museos e fundacións de primeira fila como:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial .

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Videoartistas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes