María de los Milagros López Blanco, nada en Laza o 24 de febreiro de 1904 e finada en Pontevedra o 21 de febreiro de 1995, foi unha mestra galega.

Traxectoria Filla de Francisco López Cuquejo, fiel contraste na provincia de Pontevedra, e Liduvina Blanco, e irmá de Celso López Blanco. Viviu un tempo en Valladolid.

Ingresou no Instituto de Pontevedra en 1916La Correspondencia Gallega, 20 de setembro de 1916, p. 3. e despois estudou na Escola Normal de Pontevedra, onde obtivo o título de mestra en 1926.El Progreso, 28 de maio de 1926, p. 2. Foi mestra en Ribadelouro (Tui) e Budiño (Salceda de Caselas) dende 1934. Era socia da Casa del Maestro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionada con suspensión de emprego e soldo o 1 de setembro de 1936. Revisado o seu expediente en decembro, foi sancionada con seis meses de suspensión de emprego e medio soldo.El Pueblo Gallego, 13 de decembro de 1936, p. 11. En 1937 foi nomeada mestra interina da graduada de Ponte Caldelas.El Noticiero Gallego, 4 de abril 1937, p. 3. En 1938 volveu á escola de Budiño. En 1941 foi destinada á escola de Ribeira (Crecente).El Noticiero Gallego, 25 de xullo de 1941, p. 2. Tamén deu clase en Cutián (San Xurxo de Sacos), Seixo, Cuspedriños, o seu último destino.

Vida persoal Casou en 1929 co tamén mestre Rodolfo Estévez Rodríguez.El Progreso, 14-8-1929, p. 2. Tiveron tres fillos: Rodolfo, Fernando e José Luis.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Laza Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes