Alicia Sanz, nada en Ceuta o 10 de abril de 1988, é unha actriz española, residente nos Ánxeles coñecida polo seu papel de Lucía Elizondo na serie Gavilanes.

Traxectoria Comezou a formarse con 6 anos no Centro Dramático Nacional de Ceuta e nas escolas de danza Cuna de Arte e Rosa Founound. En 2007, ó rematar o bacharelato, mudouse a Madrid para estudar interpretación na escola de Juan Carlos Corazza. Compaxinouno con clases de danza en Carmen Roche, clases de voz e canto con Vicente Fontes e seminarios con Claudio Tolcachir, Manuel Morón e Rosa Morais entre outros.

En 2009 empezou a dar os seus primeiros pasos como actriz rodando as curtametraxes El sobrino, Señales e varios videoclips. En 2010 apareceu por primeira vez na pequena pantalla na serie La pecera de Eva de Telecinco, na que interpretaba a Alicia, unha moza adolescente. O seu primeiro papel protagonista chegoulle ese mesmo ano da man de Gavilanes, o remake televisivo de Gavilanes de Antena 3 onde interpretaba a Lucía Elizondo, unha moza atractiva e con moito carácter.

Fala inglés, francés e ten coñecementos de árabe.

Filmografía Television La pecera de Eva, como Alicia (2010) Gavilanes, como Lucía Elizondo Cortés (2010-2011) Bandolera, como María Ortega (2012-2013) Con el culo al aire, un episodio, como Cynthia (2012) Amar es para siempre, como Maite Gimeno (2013-2014) Cuéntame cómo pasó, como Melek Halaskar, dous episodios: El amor es una droga blanda e Punto límite (2015) From Dusk till Dawn: The Series, como Paloma (2015) Baby Daddy, como Elena Ríos (2016) Castle, como Sarah Miller (2016)

Filmes Afterparty, como Carla. Dir. Miguel Larraya (2013)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Actores de España