Giuseppe Meazza, nado o 23 de agosto de 1910 en Milán e finado o 21 de agosto de 1979, foi un futbolista Italiano. Está considerado coma un dos mellores xogadores italianos de tódolos tempos, xunto con lendas coma Valentino Mazzola, Silvio Piola, Giacinto Facchetti , Gianni Rivera, Renzo De Vecchi, Dino Zoff, Luigi Riva, Gaetano Scirea, Paolo Maldini, Franco Baresi e Roberto Baggio. Meazza foi o primeiro futbolista Italiano en ser coñecido internacionalmente.
A San Siro, o principal estadio de Milán chámaselle oficialmente Stadio Giuseppe Meazza na súa honra.
Traxectoria
Inter de Milán
Gañou 3 títulos nacionais co Inter de Milán en 1930, 1938 e 1940, a Copa de Italia en 1939; e foi o máximo artilleiro da Serie A en 1930, 1936 e 1938. Tempo despois tamén xogou no A.C. Milan, Juventus e Atalanta.
Selección Italiana
Meazza foi campión do mundo en 1934 e 1938 coa selección italiana.
Estatísticas Serie A Tempada Club Xogados Goles1927-28 Inter 33 111928-29 Inter 29 381929-30 Inter 33 311930-31 Inter 34 241931-32 Inter 28 211932-33 Inter 32 201933-34 Inter 32 211934-35 Inter 30 191935-36 Inter 29 241936-37 Inter 26 111937-38 Inter 26 201938-39 Inter 16 41939-40 Inter 0 01940-41 Milan 14 61941-42 Milan 23 31942-43 Juventus 27 101945-46 Atalanta 14 21946-47 Inter 17 2 Total Serie A 367 216
Meazza segue a ser o cuarto máximo goleador da Serie A de tódolos tempos.
Selección italiana Con 33 goles é o segundo máximo goleador da selección italiana, detrás de Luigi Riva.
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Milán Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Atalanta BC Categoría:Xogadores do AS Varese 1910 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do Atalanta BC Categoría:Adestradores do Beşiktaş JK Categoría:Adestradores do Inter de Milán Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Italia