Forušande (en ) é un filme iraniano de 2016 escrito e dirixido por Asghar Farhadi. Está protagonizado por Taraneh Alidoosti e Shahab Hosseini. Conta a historia dun matrimonio de actores que interpretan a obra de Arthur Miller Death of a Salesman nun teatro, mais a muller é asaltada e atacada no seu propio fogar. O marido tenta descubrir a identidade do atacante, mentres a muller tenta lidar co estrés postraumático. Unha coprodución entre Irán e Francia, o filme foi rodado en Teherán en 2015.
Estreouse no Festival Internacional de Cine de Cannes de 2016, onde conseguiu o premio de mellor guión e mellor actor para Hosseini. Forušande recibiu moi boas críticas e gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Porén, Farhadi non foi á cerimonia da 89ª edición dos premios en protesta pola Orde Executiva 13769.
Personaxes Shahab Hosseini como Emad Taraneh Alidoosti como Rana Babak Karimi como Babak Farid Sajadhosseini como o home Mina Sadati como Sanam Maral Bani Adam como Kati Mehdi Koushki como Siavash Emad Emami como Ali Shirin Aghakashi como Esmat Mojtaba Pirzadeh como Majid Sahra Asadollahi como Mojgan Ehteram Boroumand como Mrs. Shahnazari Sam Valipour como Sadra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Asghar Farhadi Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes ambientados en Irán Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre prostitución Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes sobre violación