Vulcain é a designación do motor foguete utilizado na etapa central do foguete Ariane 5.

O motor Vulcain funciona alimentado por osíxeno líquido e hidróxeno líquido. Ten un pulo de 773,2 kN a nivel do mar e usa arrefriamento rexenerativo para manter a tobeira a temperaturas por debaixo do punto de fusión do material que a compón ao mesmo tempo que quenta o hidróxeno líquido antes de entrar na cámara de combustión. O sucesor do Vulcain, usado en versións posteriores do Ariane 5, é o Vulcain 2.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ariane 5 Vulcain 2

Categoría:Motores foguete