miniatura O efecto Dunning-Kruger é un nesgo cognitivo, segundo o cal os individuos con escasa habilidade ou coñecementos sofren dun sentimento de superioridade ilusorio, considerándose máis intelixentes que outras persoas máis preparadas, medindo incorrectamente a súa habilidade por encima do real. Este nesgo explícase por unha incapacidade metacognitiva do suxeito para recoñecer a súa propia ineptitude. Pola contra, os individuos altamente cualificados tenden a subestimar a súa competencia relativa, asumindo erroneamente que as tarefas que son doadas para eles tamén son doadas para outros.

David Dunning e Justin Kruger da Universidade Cornell concluíron que «a sobrevaloración do incompetente nace da mala interpretación da capacidade dun mesmo. A infravaloración do competente nace da mala interpretación da capacidade dos demais.».

Proposta O fenómeno foi demostrado nunha serie de experimentos realizados por Justin Kruger e David Dunning, da Universidade de Cornell (Nova York). Os seus resultados foron publicados no Journal of Personality and Social Psychology de decembro de 1999.

Kruger e Dunning investigaron certo número de estudos previos que tendían a suxerir que en diversas habilidades como a comprensión lectora, condución de vehículos de motor e xogos como o xadrez ou o tenis, «A ignorancia xera confianza máis frecuentemente que o coñecemento» (como dixo Charles Darwin). A súa hipótese é que, nunha habilidade típica que os humanos posúen en maior ou menor grao: Os individuos incompetentes tenden a sobrestimar a súa propia habilidade. Os individuos incompetentes son incapaces de recoñecer a habilidade doutros. Os individuos incompetentes son incapaces de recoñecer a súa extrema insuficiencia. Si poden ser adestrados para mellorar substancialmente o seu propio nivel de habilidade, estes individuos poden recoñecer e aceptar a súa falta de habilidades previa. Os investigadores quixeron probar estas hipóteses en suxeitos humanos, estudantes da universidade de Cornell, que estaban matriculados en varias carreiras de psicoloxía.

Nunha serie de estudos, Kruger e Dunning examinaron as autovaloracións en razoamento lóxico, gramática e humor. Despois de mostrarlles as puntuacións dos seus tests, preguntáronlles aos suxeitos a súa estimación sobre a posición obtida na clasificación, resultando que, mentres que o grupo dos competentes estimaba bastante ben a súa clasificación, os incompetentes sobreestimaban a súa posición. Como Dunning e Kruger dixeron: Mentres tanto, a xente con coñecemento real tende a subestimar a súa competencia. Un estudo posterior suxire que os estudantes máis incompetentes melloran tanto o seu nivel de habilidade como a súa habilidade para estimar a súa posición na clasificación só tras recibir moitas clases nas habilidades que non tiñan.

Daniel Ames e Lara Kammrath estenderon este traballo á empatía, e á propia percepción desta.

Algún outro traballo de Burson Larrick e Joshua Klayman suxeriu que o efecto quizais é debido aos niveis de ruído e aos prexuízos.

Dunning e Kruger gañaron o premio Ig Nobel no ano 2000 polo seu traballo. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apoloxía de Sócrates

Efecto Pigmalión Hybris Soberbia Vaidade

Categoría:Psicoloxía social Categoría:Didáctica