River Jude Phoenix, nado co apelido Bottom o 23 de agosto de 1970, e finado o 31 de outubro de 1993, foi un actor, músico e activista estadounidense. Era o irmán máis vello de Rain Phoenix, Joaquin Phoenix, Liberty Phoenix e Summer Phoenix.
A obra de Phoenix inclúe 24 filmes e aparicións de televisión, e o seu ascenso na fama converteuno nun "ídolo adolescente". Comezou a súa carreira como actor con 10 anos, aparecendo en anuncios de televisión. Protagonizou o filme de ciencia ficción Explorers (1985), e tivo o seu primeiro papel de sona en 1986, no filme Conta comigo, que é unha adaptación da novela The Body de Stephen King. Phoenix fixo a transición a papeis máis adultos con Running on Empty (1988), unha interpretación que lle valeu un nomeamento ó Oscar ó mellor actor secundario, e My Own Private Idaho (1991), intepretando un prostituto homosexual na busca da súa nai. Pola interpretación neste último papel, Phoenix gañou a aclamación da crítica e unha Colpa Volpi ó mellor actor no Festival Internacional de Cine de Venecia, e o premio de mellor actor da Sociedade Nacional da Crítica.
O 31 de outubro de 1993, Phoenix tivo un colapso e morreu por unha intoxicación despois dunha sobredose en West Hollywood, á saída do club nocturno The Viper Room, cando tiña 23 anos de idade.Remembering 1993 Gary Kirkland Gainesville Sun – 26 de decembro de 1993 No momento da súa morte, Phoenix estaba no medio da rodaxe de Dark Blood (2012).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Holmstrom, John. The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995. Norwich, Michael Russell, 1996, p. 380-381. Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Cantantes de Oregón Categoría:Finados por sobredose