Nove de novembro é un filme galego de 2018 dirixido por Lázaro Louzao. É o primeiro filme rodado en Galicia e en galego sobre unha relación homosexual. Estreouse o 24 de febreiro de 2018 no Festival Zinegoak de Bilbao.

Sinopse Ambientado no ano 1989, o ano da caída do muro de Berlín, conta os derradeiros catro días dunha parella gai que, comeza a súa ruptura logo de dez anos xuntos.

Personaxes Ademar Silvoso como Roberto Brais Yanek como Miguel Sabela Arán como Loli Carlos Roma como voz de telexornal

Produción O filme contou con financiamento de micromecenado a través da plataforma en liña Verkami. Rodouse na cidade da Coruña e no concello de Xove.

Censura A publicación do trailer do filme foi censurada pola rede social Facebook, malia a ausencia de espidos no contido do vídeo promocional, e deu lugar a acusacións de homofobia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Galicia