O aeroporto Ramón Villeda Morales , tamén coñecido como aeroporto internacional La Mesa, é un aeroporto situado a 11 quilómetros ao leste da cidade de San Pedro Sula, no Departamento de Cortés en Honduras. O aeroporto recibe o seu nome por Ramón Villeda Morales, que foi presidente do país de 1957 a 1963.

É o principal e máis concorrido aeroporto de Honduras, con 880 078 pasaxeiros no ano 2016. O aeroporto ofrece servizos a uns 20 destinos domésticos e internacionais, sendo algúns deles conexións curtas a atraccións turísticas como La Ceiba, as ruínas maias de Copán e as praias caribeñas de Roatán e Tela.

Aeroliñas e destinos

Carga

Notas

Ramón Villeda Morales