Pedro Inocencio Vicente Ferrer Sans, nado na Coruña o 5 de abril de 1870 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1939, foi un comerciante, impresor, editor e fotógrafo galego.
Traxectoria
Pedro foi o menor dos tres fillos do catalán, natural da comarca de Anoia, Francisco Ferrer Puigdengolas e da coruñesa Niceta Sans Samá, tamén de orixe catalá. A familia dedicábase ao comercio de papel e coa morte do pai o 19 de xaneiro de 1872 ocuparon a dirección a súa nai e o seu irmán máis vello, Francisco Ferrer Sans (Paco), que en 1883 incorporan os servizos de impresión. Paco finou o 6 de outubro de 1884. Pedro fíxose cargo dos negocios familiares e viaxou a canda á súa familia catalá á Exposición Universal de Barcelona de 1888, na que participaba o seu primo Ramon Romaní i Puigdengolas, data na que comeza a tirar fotografías. En 1894 xa ofrecía os seus servizos como fotógrafo no comercio familiar da rúa Real 61, nun edificio de catro plantas onde tamén se situaba o domicilio familiar. Destacan as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade, que apareceron na serie Por las calles. En 1901 comezou a publicación de Portfolio de Galicia, que continuou ata 1912. Editou Vistas de La Coruña e Porfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904.
Tamén foi considerado un dos primeiros empresarios discográficos de Galicia, producindo os primeiros discos de música galega."El fotógrafo coruñés Pedro Ferrer tendrá una calle en la ciudad" La Voz de Galicia, 31/5/2007 . Foi socio do Círculo de Artesáns, do Sporting Casino e do Real Club Náutico da Coruña.
Na década de 1930 a súa actividade foi diminuíndo e faleceu por mor dun derramo cerebral en 1939. Foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.
A súa obra difundíronse na I Fotobienal, celebrada en Vigo en 1984Diccionario enciclopédico galego universal.Dicionario biográfico de Galicia.Enciclopedia Galega Universal. e apareceu publicada no libro As imaxes do traxe en Galicia en 1992., Xosé Enrique; , Xosé Luis (1992). As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-090-8.
Vida privada Pedro Ferrer casou o 5 de febreiro de 1898 con María Josefa Carreras-Presas Mariñas, coa que tivo sete fillos (dous homes e cinco mulleres).
Recoñecementos En 2007 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa."Una foto en la calle de Pedro Ferrer" La Voz de Galicia, 9/6/2007 .
Galería de imaxes
miniatura|Nicho de Ferrer en Santo Amaro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Historia da fotografía José Sellier Ligazóns externas Fotografías de Pedro Ferrer en vellaenobrebrigantium.blogspot.com
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Editores de Galicia