Mónica Belén Fernández Suárez é unha socióloga, investigadora e profesora universitaria galega especializada na temática das migracións humanas.
Traxectoria É profesora no Departamento de Socioloxía e da Comunicación da Universidade da Coruña. Foi premio extraordinario da UDC pola súa tese de doutoramento sobre políticas de integración de inmigrantes: La institucionalización (débil) de las políticas de integración de los inmigrantes: análisis comparado de Andalucía, Cataluña y Madrid (2015), dirixida por Antonio Izquierdo Escribano. É membro do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) e do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da mesma universidade.
Interveu na XXXV Semana Galega de Filosofía de Pontevedra co relatorio A integración da alteridade á galega: inmigrantes en territorio migratorio.
Obra escrita
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Universidade da Coruña Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)
Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá