Philippine Airlines (PAL), tamén coñecida historicamente como Philippine Air Lines, é a aeroliña nacional de Filipinas. Ten a súa sede no PNB Financial Center na cidade de Pásay. A compañía fundouse en 1941 e é a primeira e máis vella aeroliña comercial de Asia operando co seu nome orixinal. Dende os seus centros de conexión no aeroporto Ninoy Aquino, no aeroporto de Clark e no aeroporto de Mactan-Cebú, Philippine Airlines serve a 33 destinos domésticos e 42 internacionais en Asia, Oriente Medio, Oceanía, Norteamérica e Europa.

Foi unha das maiores aeroliñas asiáticas, pero viuse gravemente afectada pola crise financeira de 1997 en Asia. Nun dos maiores fracasos corporativos do país, PAL viuse na obriga de reducir as súas operacións internacionais eliminando completamente os voos a Europa e Oriente Medio, cortando virtualmente todos os voos domésticos agás as rutas operadas dende Manila, tivo que reducir tamén o tamaño da súa frota e despedir a milleiros de empregados. A compañía pasou a a ser administrada xudicialmente en 1998 e gradualmente foi recuperando operacións a máis destinos ata saír desa situación en 2007 e saír da administración xudicial, iniciando a renovación dos seus xestores.

Frota A frota de Philippine Airlines está formada por avión de fuselaxe ancha e estreita de catro familias (agás a frota de PAL Express): Airbus A320, Airbus A330, Airbus A340 e Boeing 777. En febreiro de 2018 a súa frota estaba composta por 64 avións.

+ Frota de pasaxeiros de Philippine Airlines Avión En servizo Pedidos Opcións Pasaxeiros NotasJY+YTotalAirbus A320-20010——12—144156Van ser retirados ou transferidos a PAL Express e substituídos por Airbus A321neos.Airbus A321-20024——1218169199Airbus A321neo—6—12—156168A321neo cun tanque auxiliar para rutas longas.As entregas comezarán en 2018.Airbus A321neo/ACF—15TBAConfigurados coa versión Airbus Cabin Flex (ACF).As entregas comezarán en 2019.Substituirán aos A320-200.Airbus A330-30015——183331236324267309Airbus A340-3005——36—218254Van ser retirados en 2021.Substituídos por A350-900.Airbus A350-900—66TBA295Substituirán aos A340-300As entregas comezarán en 2018.Boeing 777-300ER10——42—328370Total64276

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Filipinas