Fernando Vilariño Gosende, nado en Cuntis en 1977, é un escultor e canteiro galego. Reside en Mondoñedo.
Traxectoria Estudou no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e comezou a traballar con 19 anos. A súa formación como escultor é autodidacta. Os materiais que emprega son principalmente o granito -como base para a creación da escultura- e a cuarcita para facer gravados e relevos.
A súa obra máis persoal ten unha clara liña temática social. Por exemplo, a colección Todos somos 016 reflicte o seu posicionamento sobre a violencia de xénero, con pezas como Protección, Unidade, Atadura, Bágoa, Puñal ou Pegadas. Esta colección foi exposta no Forte de San Damián, en Ribadeo. En 2016, co gallo da visita a Mondoñedo de Letizia Ortiz, deulle unha obra representativa da Catedral de Mondoñedo, nun gravado nunha placa de cuarcita.
As súas obras móstranse na galería Terra Branca de Ribadeo
Vida persoal
Casado, é pai de tres nenas.
Notas
Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escultores de Galicia