Tian Han (chinés tradicional: 田漢; chinés simplificado: 田汉; pinyin: Tián Hàn; Wade-Giles: T'ien2 Han4), nado o 12 de marzo de 1898 en Changsha (Hunan) e falecido o 10 de decembro de 1968 en Pequín, foi un escritor e dramaturgo chinés do século XX.

Biografía Tian Han foi o principal promotor na China do teatro falado ou huàjù (話劇), un estilo de tipo occidental. Traducíu ao chinés o Romeu e Xulieta e mais o Hamlet de Shakespeare. Foi o autor da letra do himno nacional chinés: A marcha dos voluntarios.

Tian estivo politicamente comprometido cos movementos da esquerda e, despois, co réxime comunista. Durante a Segunda Guerra Sino-Xaponesa (1937-1945), compuxo pezas para manter o ánimo entre as tropas. En 1959 escribiu unha obra de teatro para xustificar a presenza chinesa no Tíbet, a proposta de Zhou Enlai. Faleceu en prisión durante a Revolución Cultural. Foi rehabilitado polas autoridades chinesas postumamente, en 1979.

Obras Entre as súas obras, destacan Kafeidian zhi yiye 咖啡店之一夜 ("Unha noite na cafetería", 1920) e Huohu zhi ye 获虎之夜 ("A noite na que cazaron ao tigre", 1924).

Notas

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en Hunan Categoría:Finados en 1968