Victor "Al" Pease nado en Darlington (Inglaterra) o 15 de outubro de 1921 e finado en Sevierville o 4 de maio de 2014, foi un piloto británico-canadense.
Traxectoria Creceu en Inglaterra, ingresou no exército británico de mozo, servindo na India, Rodesia e Exipto. Despois do seu servizo emigrou aos Estados Unidos e ao Canadá na dñecada de 1960; logo dunha breve carreira como ilustrador, dedicouse a competir en automobilismo.
Traxectoria Participou en tres Grandes Premios da Fórmula 1, debutando o 27 de agosto de 1967. É o único competidor descualificado dunha carreira no Campionato do Mundo, o Gran Premio do Canadá de 1969, por ser demasiado lento. Foi descalificado tras unha serie de incidentes en pista, o último involucrou ao plioto Matra Jackie Stewart. En resposta, o propietario de Matra, Ken Tyrrell, reclamou aos comisarios e tivo que descualificar a Pease. No momento, completara 22 voltas nun auto pouco competitivo mentres os líderes completaran 46. A súa andaina na Fórmula Un limitouse a tres Grandes Premios canadenses, resultando unha non clasificación (1967, terminando 43 voltas por detrás dos líderes), un fallo na saída (problemas do motor en 1968) e unha descualificación (1969).
A pesar da breve duración da súa carreira na Fórmula Un, Pease tivo un grande éxito nas competicións deportivas automobilísticas nacionais do Canadá, e foi declarado membro do Canadian Motor Motorsport Hall of Fame en 1998.
Morreu o 4 de maio de 2014 na súa casa en Tennessee.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Pts. Castrol Oils Ltd. Eagle Mk1 Climax 4 en liña RSA MON NED BEL FRA GBR ALE CAN ITA USA MEX NC 0 Castrol Oils Ltd. Eagle Mk1 Climax 4 en liña RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE ITA CAN USA MEX NC 0 John Maryon Eagle Mk1 Climax 4 en liña RSA ESP MON NED FRA GBR ALE ITA CAN USA MEX NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biography at Canadiandriver.com
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados no Condado de Durham Categoría:Finados en 2014 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Canadá Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Eagle