Lois Corral Rodríguez (tamén citado como Luís Corral Rodríguez), nado en Mondoñedo o 7 de outubro de 1784 e finado na mesma cidade o 18 de outubro de 1830, foi un escritor galego.
Traxectoria Comezou os estudos de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo mais deixounos por Farmacia, que rematou en 1810. Foi poeta en latín, castelán e galego.
Poeta da escola de vilancicos de Mondoñedo, continuador de Antonio María de Castro e Neira, os textos galegos consérvanse manuscritos no Arquivo Musical da Catedral de Mondoñedo.
Segundo Xosé María Álvarez Blázquez O estilo de Corral, os recursos temáticos, moldes gráficos, etc, gardan gran semellanza cos de Castro e Neira, coma que ambos responde a módulos da época dentro da común intención popularizante .
Carlos Villanueva sinala na obra de Lois Corral a busca dun ambiente festivo propio e de romaría galega; o uso dunha lingua asimilada directamente do pobo, que se caracteriza polo uso de recursos de pupularización de grande efecto, cheos de elementos da vida cotiá e o reflexo do desgaste do xénero pois nel se ve principalmente o desexo de conservar a tradición salientando os aspectos máis convencionais .
É autor de vilancicos como:
Na mesma liña está escrito o titulado A Belén. Outro é A noite de navidá:
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1830 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público