Geierlay é unha ponte colgante situada no centro do estado alemá de Renania-Palatinado a 66 km da cidade capital Maguncia. Modelouse en base ao exemplo de ponte de suspensión simple nepalés. O nome foi escollido en concurso e representa o nome popular da área de monte na que está situado. Ocupa o punto medio da Hunsrück, unha cordilleira baixa, nesta localización a ponte salva o val que divide os concellos de Sosberg e Mörsdorf.Geierlay
Sendeirismo A ponte conecta cos tramos 19 e 20 do Saar-Hunsrück-Steig, unha popular ruta de 410 km a través das vilas de Perl, Trier (as dúas seguindo o trazado do río Moselle) e Boppard (seguindo o Río Rin).
Popularidade miniatura|Geierlay, ano 2016 Pouco máis dun ano despois da súa inauguración, a ponte subiu ao posto 85 na lista das atraccións turísticas máis populares de Alemaña nunha sondaxe realizada sobre 40.000 visitantes procedentes de 66 países. Desta maneira, a ponte sitúase diante de atraccións como o autódromo Nürburg Ring ou a famosa cervecería Hofbräuhaus en Múnic, segundo a listaxe elaborada pola Oficina Nacional de Turismo de Alemaña. Unha webcam preparada na ponte rexistrou xa a máis de 370 000 turistas cruzando o Geierlay.
A construción da ponte foi criticada dende instancias gobernamentais e políticas. En agosto de 2015, auditores do estado desaconsellaron o investimento ao cualificar de “pouco realista” a cantidade de 190 000 visitantes ao ano prevista polos promotores do proxecto. Porén, pouco despois da inauguración da ponte, o 3 de outubro de 2015, a afluencia de visitantes superou a cifra estimada.Geierlay
Notas
Categoría:Pontes colgantes Categoría:Arquitectura de Alemaña