miniatura|Emblema do Estado de Israel As Leis Básicas de Israel (en , ħuqey ha-yesod) son as leis constitucionais do Estado de Israel. Estas leis tratan sobre a formación e o papel das principais institucións do estado, así como das relacións entre as principais autoridades do país. As leis son protectoras dos dereitos civís, aínda que algúns destes dereitos estaban xa protexidos polo dereito común polo Tribunal Supremo de Israel. As Leis Básicas creáronse coa pretensión de que fosen borradores da futura constitución israelí, posposta desde 1950, e actúan de facto como a constitución do país ata que se desenvolva unha formalmente, unitaria e escrita. A , Israel funciona segundo unha constitución material que inclúe tanto o dereito constitucional, baseado nos casos e precedentes, o dereito común, e as provisións deses estatutos formais. As Leis Básicas non cobren tódolos ámbitos constitucionais, e non hai unha data límite para completar o proceso e crear unha constitución formal. Tampouco hai unha orde de precedencia clara das Leis Básicas sobre a lexislación regular, e en moitos casos este problema se resolve segundo á interpretación do sistema xudicial.

Listaxe das Leis Básicas de Israel Ano de aprobación Lei Básica Descrición 1958; actualizada en 1987 O Knesset () Define as funcións lexislativas do parlamento do Estado. 1960 Terras de Israel () Asegura que as terras do Estado permanecerán propiedade nacional. 1964 O Presidente do Estado () Trata sobre o seu status, elección, cualidades, poderes, e procesos de traballo do Presidente de Israel. 1968 O Goberno () (Substituída en 1992 e despois restaurada con emendas no ano 2001. 1975 A Economía do Estado () Regula os pagos feitos polo e ao Estado. Autoriza a emitir moeda. 1976 O Exército () Defende a base constitucional legal para o funcionamento das Forzas de Defensa de Israel. Subordina as forzas militares ao goberno, ocúpase do alistamento e declara que non se pode establecer ou manter ningunha forza armada extralegal fora das Forzas de Defensa de Israel. 1980 Xerusalén capital de Israel () Establece o status de Xerusalén como capital de Israel. Asegura a integridade e unidade da cidade. Referencia aos lugares sagrados, asegura os dereitos dos membros de todas as relixións; outorga especial preferencia cara ao desenvolvemento. 1984 O Poder Xudicial () Ocúpase da autoridade, as institucións, o principio de independencia, apertura, nomeamento, cualificacións e poderes do poder xudicial. 1988 O Interventor do Estado () Ocúpase dos poderes, tarefas e deberes do supervisor dos organismos gobernamentais, ministerios, institucións, autoridades, axencias, persoas e organismos que operan en nome do estado. 1992 Dignidade Humana e Liberdade () Declara que os dereitos humanos básicos en Israel baséanse no recoñecemento do valor do home, a santidade da súa vida e o feito de que é libre. Define a liberdade humana como o dereito a saír e ingresar ao país, a privacidade (incluído a fala, as escrituras e as notas), a intimidade e a protección contra rexistros ilegais da persoa ou propiedade. Esta lei inclúe instrucións sobre a súa propia permanencia e protección contra cambios mediante regulacións de emerxencia. 1992 O Goberno () Provista para a elección directa do Primeiro Ministro no momento das eleccións do Knesset. Se trata dos principios do servizo do Primeiro Ministro, a formación e a función do goberno, as cualificacións para os ministros (substituída pola lei de 2001). 1992 Liberdade de Ocupación () A lei estableceu o dereito de "todos os cidadáns ou habitantes a exercer calquera profesión, profesión ou oficio" a menos que "unha lei que corresponda cos valores do Estado de Israel e que fose deseñada para un fin digno" determina o contrario ( substituído pola lei de 1994). 1994 Liberdade de Ocupación () Garante a cada nacional ou residente en Israel o "dereito de ter calquera ocupación, profesión ou comercio". Calquera violación deste dereito será "por lei que corresponda aos valores do Estado de Israel, promulgada para un propósito axeitado e, en certa medida, non maior do que se require". 2001 O Goberno () Deroga á lei de 1992, e restaura o sistema de 1968 con algunhas emendas. 2014 Referendo () Establece que se o goberno israelí adopta unha decisión ou asina un acordo estipulando que as leis, xurisdición, e autoridade administrativa do Estado de Israel non será aplicable a certas áreas xeográfica, este acordo ou decisión deberá ser ben adoptado vía un tratado aprobado por 80 membros do Knesset, ou ben por unha maioría absoluta en referendo nacional. Isto que o territorio soberano israelí (Xerusalén Leste, os Altos do Golán e calquera zona incluída dentro das liñas do armisticio de 1949), baixo as leis israelís, só poden renunciarse a través dun acordo de máis de 80 deputados, en cuxo caso, o referendo non sería necesario, ou antes de que este sexa válido, debe ser aprobado por maioría absoluta nun referendo.

Notas

Categoría:Política de Israel