Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.
Patrimonio Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.
Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.
Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.
Economía Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.
Recursos de lecer Cerceda conta cun parque acuático municipal que está aberto na época estival.
Tamén ten 3 rutas homologadas de sendeirismo: PR-G 129 Senda Rodís - Xesteda (senda circular) PR-G 130 Senda Meirama - Xalo - Meirama (senda circular) PR-G 131 Ruta Cerceda - Portobrea (ruta lineal)
Galería de imaxes
Demografía
Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Censo total 2014 5.156 habitantes Menores de 15 anos 520 (10.08 %) Entre 15 e 64 anos 3.101 (60.14 %) Maiores de 65 anos 1.535 (29.77 %)
Parroquias
Lugares de Cerceda Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Cerceda
Ligazóns externas Páxina oficial do Concello de Cerdeda Ruta sendeirista homologada: PR-G 129 Senda Rodís - Xesteda - SEGATUR Ruta sendeirista homologada: PR-G 130 Senda Meirama - Xalo - Meirama - SEGATUR Ruta sendeirista homologada: PR-G 131 Ruta Cerceda - Portobrea - SEGATUR
Categoría:Cerceda