A Panadaría é unha compañía de teatro galega creada en 2013 polas actrices e cantantes Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Nos seus anos de percorrido recibiu os seguintes galardóns: o 1º Premio Xuventude Crea en 2013, o Premio da Crítica Galicia na categoría de artes escénicas e audiovisuais en 2015 e o Premio María Casares ao mellor espectáculo por Elisa e Marcela en 2018. Unha das peculiaridades das súas producións é a ausencia de escenografía e de efectos sonoros dixitais, pois as bases musicais son producidas vocalmente polas actrices. Dirixiu en 2016 e 2017 as galas dos Premios Martín Códax da Música. Montaxes

Pan! Pan! (2013) Panamericana (2015) Elisa e Marcela (2017), coprodución co CDG. Premio do Público na MIT no ano 2018. As que limpan. Premios María Casares 2023 ao mellor espectáculo, á mellor dirección (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro), ao mellor texto orixinal (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro) e á mellor actriz protagonista (Noelia Castro).

Recoñecemento 2020 - Premio Begoña Caamaño

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web

Panadaria