miniatura|Follis das primeiras series, a nome de Diocleciano, cuñado en Pavía ca. 295, coa tipoloxía habitual do emperador da Tetrarquía no anverso e o Xenio do pobo roamno no reverso O follis (voz latina, plur. follēs; en galego: fol, foleca) foi unha moeda do Imperio Romano cuñada en bronce durante os séculos III e IV da nosa era, reintroducida en Bizancio por Anastasio en 498."Follis". En Forvm Ancient Coins (en inglés)"Follis ". En Monete-Romane.com (en inglés)
No Imperio Romano A palabra follis utilízase para denominar unha moeda romana de bronce de módulo medio aparecida arredor de 294, no tempo da reforma monetaria de Diocleciano, cuxa denominación real na súa época se descoñece. Trátase dunha moeda cun peso de aproximadamente 10 gramos (1/32 de libra) e con preto dun 4 % de prata, a modo de baño na súa superficie.Marian, Alexandru. "Introducing the Follis". En ForumAncientCoins.com (en inglés)
Orixe da denominación A palabra latina follis designaba un fol, normalmente de pel, e hai evidencias de que ese termo se utilizaba tamén para unha cantidade específica de diñeiro contida nunha desas folecas.Alfaro Asins, C. et al. "Follis (1)". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
Tamén se ten suxerido que a orixe desa denominación se debe á palabra grega antiga "φολίς", co significado dunha capa delgada de metal (cf. latín: folium, "folla"), aludindo á fina película de prata que cubría o disco de bronce desas moedas.
Nacemento do follis na Tetrarquía (294-313) miniatura|esquerda|Busto de Diocleciano nun follis de Tréveris de ca. 300 O follis aparece na Tetrarquía. O emperador Diocleciano, a partir da súa reforma monetaria de 294, quixo pór fin á desvalorización da moeda reinstaurando unha moeda de prata segundo o padrón de Nerón, o arxénteo, e unha moeda de bronce pesada e cun baño de prata, probablemente chamada daquela nummus (que nos estudos numismáticos se deu en chamar follis), qui viña lembrar o sestercio, aínda que tiña un peso máis próximo ao do ás.Alfaro Asins, C. et al. (2009): "Follis (2)".Lafaurie, Jean. "Réformes monétaires d'Aurélien et de Dioclétien". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 17. 1975. Páxinas 74-75 (en francés)
As primeiras series destas emisións representaban nos seus anversos un dos catro tetrarcas e, nos reversos, moi habitualmente o Xenio do pobo pomano (Genio Populi Romani), frecuentemente a Moeda Sagrada (Sacra Moneta) e máis raramente outras figuracións.Callu, Jean-Pierre. "Genio Populi Romani (295-316) contribution à une histoire numismatique de la Tétrarchie". En Revue Numismatique. 3. 1960. Páxinas 239-241 (en francés)
Os follis foron cuñados inicialmente nos obradoiros monetarios de Roma, Lugdunum, Tréveris, Aquileia, Ticinum, Siscia, Cartago, Alexandría, Antioquía, Heraclea, Nicomedia e Cícico, e máis tarde nas cecas de Londinium, Ostia e Tesalónica.
Malia os esforzos por aplicar o Edicto sobre os Prezos Máximos de 301, no ano 307 tivo lugar unha premeira redución do seu peso, a 1/40 de libra, á que sucedeu unha segunda en 310, a 1/72 de libra.
A época de Constantino miniatura|Follis a nome de Constantino I, cuñado en Tréveris ca. 296 Na época de Constantino, a partir de 313, o follis baixara moi notablemente o seu peso e xa practicamente non contiña nada de prata. Paralelamente, xurdiron outras moedas de bronce de diferentes pesos e tamaños para as que os numismáticos aínda debaten as súas denominacións exactas. Exixte a convención, no ámbito numismático actual, pola similitude desta época co ás de bronce dos séculos precedentes, de utilizar as expresións AE1, AE2, AE3 e AE4 para designar os diferentes tipos de moedas de bronce cuñadas baixo Constantino e os seus sucesores, por ordre decrecente de diámetro. AE1 AE2 AE3 AE4 > 27 mm 21–25 mm 17–21 mm < 17 mm
No Imperio Bizantino miniatura|Follis a nome do emperador bizantino Anastasio I, cuñado en Constantinopla no período 498-507, coa característica marca de valor M no reverso O follis foi reintroducido no Imperio Bizantino en 498, coa reforma monetaria de Anastasio, como unha gran moeda de bronce con valor de 40 nummi, ou a vintecatroava parte do keration como unidade de conta, equivalente á 1/288 parte do nomisma de ouro, dentro dunha serie de denominacións de moedas de bronce que levaban os seus valores marcados en numerais gregos. Ao follis correspondíalle a marca M (ás veces aparece tamén marcada en números romanos como XXXX)."La reforma monetaria de Anastasio. El nacimiento de las monedas bizantinas". En Monedas Antiguas (en castelán)Alfaro Asins, C. et al. "Follis (2)". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7"Chaos and Coinage: Post-Reform Bronze Issues of the Byzantine Empire". En NGC 2011 (en inglés) miniatura|Follis correspondentes ás derradeiras series emitidas, xa no século X, a nome de Constantino VII, cuñado en Constantinopla no período 914-919, cun peso moi diminuído, de 5,40 gramos Esta moeda bizantina foi cuñada ata finais do reinado de Alessio I Comneno (1081-1118).
Descendentes do follis bizantino O fals (unha evolución da palabra follis) foi unha moeda de bronce emitida polos califatos Omeia e Abbásida, a partir de finais do século VIII, inicialmente como imitación do follis bizantino.Stephen Album, Checklist of Islamic Coins. Santa Rosa, CA, 1998 ISBN 9780963602411
Moedas máis recentes do mundo árabe, como o fils (divisionaria de Bahrain, Iemen, Iraq, Kuwait, Xordania e os Emiratos Árabes Unidos) ou o fels (divisionaria de Tunisia), teñen a súa orixe no fals e, por conseguinte, tamén no follis bizantino.Lafitte, Robert. "Le nom des monnaies arabes", En L’Algérianiste. N°83. Setembro de 1998. Páxinas 37-42 Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda bizantina Cecas bizantinas Nummus
Bibliografía Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Cayón, Juan R. Compendio de las monedas del imperio romano. 1985. Tomo 1: ISBN 978-8492098002. Tomo 2: ISBN 978-8492098019 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Depeyrot, Georges. Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491). Edition Errance, 1987. ISBN 2903442401 Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Hendy, Michael F. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862 Suarez, Rasiel. The Encyclopedia of Roman Imperial Coins. Dirty Old Books, 2005.
Ligazóns externas
A 'Follis' of 'Maximianus Noble Caesar'. En Doug Smith's Ancient Coins Catálogo de follis do Imperio Bizantino Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Imperio Romano Categoría:Imperio Bizantino