Para a moeda bizantina con denominación grega, ver miliaresion.
miniatura|Reverso dun miliarense procedente do tesouro de Hoard. As iniciais TRPS no exergo indican o obradoiro monetario xermano de Tréveris
O miliarense (forma neutra do lat. miliarensis, "relativo a mil") foi unha moeda romana de prata de módulo mediano, aparecida en tempos do Imperio, a principios do século IV d. C., a partir da reforma monetaria de Constantino o Grande (306-337)."Miliarense". En En Forvm Ancient Coins (en inglés)Domínguez Cedeño, Rafael. "Miliarense". En Setenil (historia y numismática)
O miliarense cuñouse fundamentalmente durante o período de Constantino e, máis esporádicamente, ata finais do século IV.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Miliarense".
Descrición miniatura|esquerda|Miliarense a nome de Honorio As características morfolóxicas dos miliarenses foron moi cambiantes co tempo, aínda que xeralmente o seu peso estivo entre os 3,8 e 6 os gramos, cun diámetro de entre 23 e 24 milímetros. Con todo, no momento da súa creación o seu peso teórico estableceuse en 1/72 da libra romana (4,5 gramos), o mesmo có do sólido, tamén instituído na reforma monetaria de Constantino de 324.Cepeda, Juan José. "Las reformas de Diocleciano y Constantino I y su reflejo en la composición de los tesoros monetarios". En VIII Curs d'Història Monetària d'Hispània. La moneda de l'Imperi romá. Páxinas 99-112. Museu Nacional d'Art de Catalunya. 2004
A súa denominación provén da súa correspondencia co valor dunha milésima parte da libra de ouro."Follis". En Smith, William. (1890): "The silver unit in Constantine's system was the miliarense, representing the value of 1/1000 of a pound of gold, now coined into 72 gold solidi".
No ámbito numismático fálase adoito de dúas clases de miliarense: o lixeiro e o pesadoSienes Hernando, Milagros. "As imitações de moedas de bronze do século IV d. C. na Península Ibérica. O caso do AE2 REPARATIO REIPUB". En Trabalhos de Arqueologia. 13. Instituto Português de Arqueologia. Lisboa, 2000. Páxina 16: "Depois de várias tentativas para tornar a emitir moeda de prata, esta só será propriamente cunhada como tal com a criação do miliarense em 320 (1/60 da libra; valia 1/1000 da libra de ouro) mas, sobretudo, a partir de 324, com a introdução de um miliarense ligeiro (1/72)...".. O seu valor en relación á moeda de ouro, o sólido, era de 14 miliarenses pesados ou 18 lixeiros por cada sólido.Markowitz, Mike. "CoinWeek Ancient Coin Series. The Paradox of Byzantine Silver: The Miliarense". En Coin Week. Xuño de 2015 ."Miliarense" e "Miliarense fuerte". En Algunos tipos de monedas antiguas . Tesorillo.com
No Imperio Bizantino reintroduciuse posterioemente unha variante desta moeda, entre os séculos VIII e XI, coñecida habitualmente pola súa designación grega de miliaresion (μιλιαρήσιον).Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. Páxinas 13-16. ISBN 978-0-88402-274-9
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda bizantina Imperio Romano Imperio Bizantino
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Cayón, Juan R. Compendio de las monedas del imperio romano. 1985. Tomo 1: ISBN 978-8492098002. Tomo 2: ISBN 978-8492098019 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Depeyrot, Georges. Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491). Edition Errance, 1987. ISBN 2903442401 Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Hendy, Michael F. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862 Smith, William, (1890). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Londres Suarez, Rasiel. The Encyclopedia of Roman Imperial Coins. Dirty Old Books, 2005.
Ligazóns externas
Catálogo de miliarenses. En Coin Archives. "The Miliarense". En CoinWeek Ancient Coin Series – The Paradox of Byzantine Silver Estudo dun miliarense fotografado en alta resolución. Museum of Fine Arts. Boston. Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Imperio Romano Categoría:Imperio Bizantino