Teresa Paulina Modesta Chao Maciñeira, nada na Habana o 24 de febreiro de 1893 e finada na Coruña en 1956, foi unha activista galega ligada ás Irmandades da Fala.
Traxectoria Da familia de Federico Maciñeira Pardo de Lama, era irmá de Micaela Chao Maciñeira, naceu en Cuba, onde emigrara a súa familia. Na illa actuou como afeccionada en pezas dramáticas no elenco da Sociedad Gallega de Declamación Rosalía de Castro. Coa súa familia estableceuse en Galicia o 25 de xullo de 1910. De ideoloxía fondamente galeguista, participou activamente nas Irmandades, e ao se fundar a Sección Feminina no seo da irmandade coruñesa pasou a formar parte dela, chegando a se converter na súa vicesecretaria. Tamén actuou en diversas montaxes realizadas polo Conservatorio Nacional de Arte Galega Conservatorio Nacional de Arte Galega en HLG.
Casou con Ramón Villar Ponte en 1919 e ao ano seguinte tivo o seu primeiro fillo, Xaime Villar Chao que educou dende o berce en galego, o que constituía cousa inusitada entre a burguesía da época, como relatou Ramón Villar nunha dedicatoria de nacemento:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Actores de teatro de Galicia