"Every Breath You Take" é unha canción de The Police que describe unha relación de acoso. Forma parte do álbum Synchronicity de 1983 e acadou un grande éxito.

Orixe e composición A canción foi escrita por Sting no colapso do seu matrimonio con Frances Tomelty. Aínda que a simple vista pode parecer unha canción romántica, en realidade fala dunha persoa controladora e sinistra que está observando "cada respiración que tomas, cada movemento que fas" (every breath you take; every move you make).

Sting dixo máis tarde que quedara desconcertado ao ver canta xente tomaba a canción como moito máis positiva do que en realidade era. El insiste en que é acerca do amor non correspondido, sobre a obsesión co amante perdido, os celos e a vixilancia que lle seguen. "Unha parella, díxome unha vez: 'Oh, encántanos esa canción; escollémola para que soase na nosa voda!' e eu pensei 'Ben, boa sorte.' Creo que é unha canción moi, moi fea e sinistra e que a xente a confundiu cunha pequena e doce canción de amor." (Spoken in the second Sting audio clip.)

Notas

Categoría:Sinxelos de 1983 Categoría:Cancións de 1983 Categoría:Cancións en lingua inglesa