Egbert "Eppie" Wietzes nado en Assen (Países Baixos) o 28 de maio de 1938,Eppie Wietzes at grandprix.com e finado o 10 de xuño de 2020, foi un piloto de automobilismo canadense.
Traxectoria Wietzes emigrou coa súa familia ao Canadá cando tiña 12 anos. Participou en dous Grandes Premios do Fórmula 1, debutando o 27 de agosto de 1967 no Gran Premio do Canadá inaugural en Mosport. Retirouse na volta 69 con problemas eléctricos pola humidade e foi posteriormente descualificado por recibir asistencia externa. Wietzes tamén participou no Gran Premio do Canadá de 1974 cun Brabham BT42 alugado pero novamente retirouse cun problema de transmisión. Non logrou puntos de campionato. Wietzes máis tarde tivo éxito na clase F5000 e gañou as Trans-Am Series de 1981. En 1993, entrou no Salón da Fama do automobilismo do Canadá. [http://www.cmhf.ca/member_EPPIE_WIETZES.html Eppie Wietzes no Salón da Fama do Motor de Canadá.
Foi o piloto do primeiro coche de seguridade da Fórmula Un, no Gran Premio do Canadá de 1973, sacando un coche Porsche 914 á pista despois dunha colisión que involucrou a François Cevert e Jody Scheckter.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Team Lotus / Comstock Racing Lotus 49 Cosworth V8 RSA MON NED BEL FRA GBR ALE CAN ITA USA MEX NC 0 Team Canada F1 Racing Brabham BT42 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
F1 Rejects profile
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Drenthe Categoría:Finados en 2020 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Canadá Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus