A mastectomía é o termo médico para a extirpación cirúrxica dunha ou ambas as mamas de xeito parcial ou completo. Esta extirpación pode ser preventiva ou ben curativa.
Tipos Mastectomía subcutánea: Se se extirpa só a glándula pero se conserva a pel da mama, a areola e a mamila. Mastectomía sinxela: A extirpación da mama completa, incluída a pel que a cobre, a areola e a mamila. Mastectomía radical: A extirpación da mama completa acompañada dos ganglios linfáticos da axila e de anacos variables dos músculos pectorais. Na mastectomía radical modificada presérvanse os músculos pectorais ou como máximo extírpase só o pectoral menor co obxecto de facilitar o acceso á rexión máis interna dos ganglios linfáticos axilares, é unha cirurxía non conservadora, pois non conserva a glándula mamaria, pero non se realiza baleirado axilar como na mastectomía radical.
Etioloxía A mastectomía usualmente realízase para tratar o cancro de mama; nalgúns casos, as mulleres que presentan alto risco de contraer cancro de seo (tamén coñecido como cancro de mama) fanse a operación profilacticamente, é dicir, para previr o cancro en lugar de para tratalo. En contraste nunha lumpectomía, só unha porción de tecido é extirpada en lugar de todo o seo.
Diagnose A miúdo a mastectomía era realizada durante a mesma operación na cal se tomaba a biopsia para confirmar o diagnóstico. Hoxe en día, a decisión de facer unha mastectomía é usualmente baseada nunha biopsia realizada previamente. Tamén, hai unha tendencia a un tratamento máis conservador co cancro de mama. A práctica cambiou, por unha banda, debido ás melloras en radioterapia e tratamento coadxuvante (por exemplo quimioterapia e terapia hormonal) e por outra banda nun recoñecemento máis temperán da metástase do cancro de mama.
Notas
Categoría:Cancro de mama Categoría:Termos médicos