Alla Borisovna Pugacheva (), nada en Moscova (Unión Soviética) o 15 de abril de 1949 é unha cantante rusa que vendeu máis de 250 millóns de álbums, o que a converten nunha das cantantes que vendeu máis discos en solitario da historia. Foi recoñecida como artista distinguida da RSFSR en 1980, Artista do Pobo da RSFSR en 1985 e Artista do Pobo da URSS en 1991. Logo da descomposición da URSS a súa popularidade non decaeu e obtivo o sobrenome de "diva emblema" da Federación Rusa e unha medalla de honor en 1994 das mans do presidente Boris Eltsin. En 2009 obtivo do presidente Dmitrii Medvedev a Orde do Mérito pola Patria de III clase, unha das máis altas condecoracións a civís en Rusia.

As súas cancións caracterízanse polas súas melodías artísticas, a lírica enxeñosa e a súa presenza vocal, case teatral. Traballou tamén no cinema e no teatro.

Traxectoria Comezou a súa carrira en 1965 e dende entón obtivo numerosos premios musicais. En 1978 gañou o Festival Internacional da Canción de Sopot, coa canción Vsio mógut korolí.

En 1986, pouco despois do accidente de Chernóbil, trasladouse a Pripyat e ofreceu un concerto gratuíto aos "liquidadores" que traballaban para controlar os efectos da catástrofe. En 1997 representou a Rusia no Festival de Eurovisión coa canción Prima Donna.

Pugacheva caracterízase tamén por axudar os novos talentos a acadar a fama, como fixo co grupo Nautilus Pompilius e con Viacheslav Butusov.

Aínda que case todas as súas cancións as interpreta en ruso e ela mesma se recoñece como cantante para esta lingua, en 1985 gravou un disco que se coñeceu como Watch Out.

Discografía A súa discografía componse de máis de 30 discos.

Álbums orixinais en solitario Ano (P)NúmeroTítulo orixinalTítulo en inglésFormatoCompañía, país1976Золотой Орфей 76Golden Orpheus 76LP en directoBalkanton, Bulgaria1977C60 09799-2Зеркало душиThe Mirror of the Soul*Dobre LPMelodiya, URSS1979C60 11975-6Арлекино и другиеHarlequin and Other Songs*LP1980C60 14429-0Поднимись над суетойBe Beyond a Fuss of Life*LP1980C60 14935-6То ли ещё будетSomething's Still to Come*LP1982C60 17663-6Как тревожен этот путьHow Disturbing Is This Way*Dobre1985C90 21357-8Ах, как хочется житьAh, How I Want to LiveLP1985WRM LP01Watch OutWatch OutLPWorld Record Music, Suecia1986C60 24717-8...счастья в личной жизни!...and Happiness in Private Life*LPMelodiya, URSS1986C60 25059-0Пришла и говорюI'm Here Talking to You*LPMelodiya, URSS1990SUCD 60 00122АллаAllaCDMelodiya, URSS199110191-40191Рождественские встречи 1990Christmas meetings 19902LPRussian disc, URSS1992STEREO R60 00887Рождественские встречи 1991Christmas meetings 19912LPRussian disc, Russia1995SZCD0475Не делайте мне больно, господа!Don't Hurt Me, GentlemenCDSoyuz, Russia1998Ex 98073Да!Yes!CDExtraphone, Russia2001АБП 0037Речной трамвайчикRiver TramCDAlla, Russia2002АБП 0038А был ли мальчикWas There a Boy?CDAlla, Russia2003АБП 0055, МТ 702909-288-1Живи спокойно, страна!Live Peacefully, My Country!CDAlla & Monolit, Russia2008АБП 0055, МТ 702909-288-1Приглашение на закатInvitation to a SunsetCDAlla * Título oficial en inglés.

Categoría:Cantantes de Rusia Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1949