Fran Lareu, nado en Lalín o 10 de outubro de 1983, é un actor galego de teatro, cine e televisión, coñecido principalmente pola súa participación en series como Fariña ou A estiba.
Traxectoria Traballou como actor en numerosas obras de teatro, formando parte de compañías como aRamboia (da que foi cofundador), ilMaquinario Teatro (da que tamén foi cofundador), Viravolta, Sarabela Teatro, Elefante elegante ou o Centro Dramático Galego. Estivo nomeado ao Premio María Casares ó mellor actor protagonista en varias ocasións pola súa participación nas obras de ilMaquinario Teatro.
Na televisión comezou como presentador en Canal Deza e tivo unha aparición episódica en Rías Baixas, da Televisión de Galicia. Anos máis tarde interpretou a Iván na serie da FORTA O Faro, durante máis de 200 episodios, dende a terceira tempada até o final da serie, en 2016, e interpretou a Lisardo na serie Fontealba, da TVG, durante as dúas primeiras tempadas. Tamén en 2016 tivo un pequeno papel no filme María (e os demais), de Nelly Reguera.
En 2018 traballou na serie Fariña, para Antena 3, interpretando a Oli, un dos compoñentes da ROS, xunto a Sito Miñanco e Roque. Meteuse no papel de Manuel Murguía para o telefilme galego Contou Rosalía e ademais participou nas tempadas 7 e 8 de Serramoura.
En 2019 interpretou a Ramiro na serie A estiba, da Televisión de Galicia, o que lle valeu un nomeamento aos Premios Mestre Mateo como Mellor Interpretación Masculina Secundaria. En 2020 participou na serie Vivir sin permiso de Telecinco, no papel de Federico.
Filmografía Televisión Clanes (2026). Tempada 2. Como Sargento GC. Vaca Films / Netflix La Promesa (2026). Como Sebastián Rivero. Bambú Producciones / TVE Lume (2025). Como Rego. HBO / TvG El caso Asunta (2024). Como Antonio. Bambú Producciones / Netflix Rapa II. (2024) Como Ignacio Cuéllar. Portocabo / Movistar+ Saudade de ti. (2024) Voz Audiovisual / TvG Estoy vivo (2021). Como Julio Moya. Globomedia / TVE A estiba (2019). Como Ramiro. Vivir sin permiso (2020). Como Federico. Fariña (2018). Como Oli. Serramoura (2018). Tempadas 7 e 8. Como Ezequiel. Fontealba (2016). Tempadas 1 e 2. Como Lisardo. O Faro (2014-2016). Como Iván. Zenit tv / TVG Rías Baixas. Zenit / TVG Dalle Jas. Webserie. Canal Deza. Presentador e actor.
Longametraxes Los visitantes. Dir. Cristina Diz e Stefan Butzmühlen (2026) Código Emperador, como Chema. Dir. Jorge Coira (2022) Tres, como Pablo. Dir. Juanjo Giménez (2021) María Solinha, como Gustavo. Dir. Ignacio Vilar (2020) Contou Rosalía, Como Manuel Murguía. Dir. Zaza Ceballos (2018) María (e os demais), como Rafa. Dir. Nely Reguera (2016)
Curtametraxes VÉXOTE, de Óscar Pardo. Islandia. TAGLINE, de Ángel Manzano. Corvus Belli. Burbujas, de Rubén Lino. Fundación Carlos Casares TV. Alzheimer, de Álex Sampayo. Ciudadano Frame
Teatro Un tal Romeo, de aRamboia. Dir. María Peinado Reconversión, de Ibuprofeno Teatro. Dir. Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez Ossorio e Natalia Feijóo. O Dragón de ouro, de Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña. Arraianos, de Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña. O meu mundo non é deste reino, de aRamboia. Dir. María Peinado. Asemblea Xeral, de Sarabela Teatro. Dir. Fina Calleja. Semente de Nós, de Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña. A Língua das Bolboretas, de Sarabela Teatro. Dir. Gonçalo Guerreiro. Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro. Dir. Gonçalo Guerreiro. Animal sagrado, de Aporia Escénica. Dir. Diana Mera. Resaca, de ilMaquinario Teatro. Dir: Tito Asorey Perplexo, de ilMaquinario Teatro. Dir: Tito Asorey As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, do Centro Dramático Galego. Dir. José Caldas O home almofada, de ilMaquinario Teatro. Dir. Tito Asorey. A casa do rato, de Viravolta. Dir. Anxo García. O forno, de Elefante Elegante. Dir. Gonçalo Guerreiro. Os tres porquiños, de Viravolta. Dir. Anxo García. O frautista de Hammelin, de Viravolta. Dir. Anxo García. Hansel e Gretel, de Seisdedos e Pentafonía Varietés, de Seisdedos. Dir. Anxo García. Dueto de fío, de Seisdedos. Dir. Anxo García. O Cego dos monifates, de Seisdedos. Dir. Anxo García. A familia Nolfini, de Boneca Lareta. Dir. Avelino González e Aitor Rei. A Patrulla Tola, de Nadrovia Producciones Lela anda en bicicleta, de Navia de Espectáculos. Dir. Ricardo Solveira. Zampón, o Lambón, de Fantoches Baj. Dir. Inacio Vilariño. Zuco, zaca e zico. Perigo, de Zancalino Produs. Dir. Avelino González. A lenda do conde santo, de Teatro da Gavela. Dir. Anxo García. Titiriteiros, de Viravolta. Dir. Anxo García. Unha de piratas, de Viravolta. Dir. Anxo García. Cabezudos, de Viravolta. Dir. Anxo García. A Torre do Trebón, de Viravolta. Dir. Anxo García. Histerias da Historia, de Teatro Secundario. Dir. Fran Lareu. Radioquia, de Teatro Secundario. Dir. Fran Lareu. O príncipe de Velasvir, de Teatro Secundario. Dir. Fran Lareu.
Premios e nomeamentos Premios Mestre Mateo +AnoCategoríaPelícula/SerieResultado2020Mellor Interpretación Masculina SecundariaA EstibaFinalista
Premios María Casares +AnoCategoríaEspectáculoResultado2026Mellor Actor ProtagonistaUn tal RomeoGañador2026Mellor Actor SecundarioReconversiónGañador2025Mellor Actor ProtagonistaO Dragón de ouroFinalista2024Mellor Actor SecundarioHamelinFinalista2021Mellor Actor SecundarioA Língua das BolboretasGañador2018Mellor Actor ProtagonistaResacaFinalista2015Mellor Actor ProtagonistaPerplexoFinalista2014Mellor Actor ProtagonistaO Home AlmofadaFinalista
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1983 Categoría:Actores de Lalín Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia