AirAsia Berhad é unha aeroliña de baixo custo malaia coa súa sede preto de Kuala Lumpur. É a aeroliña máis grande de Malaisia por tamaó de frota e destinos. O AirAsia Group opera voos regulares domésticos e internacionais a máis de 165 destinos en 25 países. O seu principal centro de conexións é o aeroporto internacional de Kuala Lumpur. As súas compañías afiliadas Thai AirAsia, Indonesia AirAsia, Philippines AirAsia e AirAsia India teñen centros de conexión nos aeroportos de Don Mueang, Soekarno-Hatta, Ninoy Aquino e Kempegowda respectivamente, mentres que a súa aeroliña irmá AirAsia X, céntrase en rutas de longo alcance.
AirAsia opera co custo unitario máis baixo do mundo de 0,023 dólares por asento dispoñible cada quilómetro, e cun factor de carga rendible do 52%. Ten cubertas o 100% das súas necedidaes de combustible para os próximos tres anos, logra un tempo de cambio dos avións de 25 minutos, ten un nivel de produtividade de tripulacións mellor que o de Malaysia Airlines e unha taxa de utilización media dos avións de 13 horas por día. No ano 2007 The New York Times describiu á aeroliña como unha "pioneira" da viaxe de baixo custo en Asia. AirAsia é patrocinadora das seleccións de fútbol de Malaisia e de Singapur, e do Queens Park Rangers F.C. Tamén foi patrocinadora do Manchester United e da xira da cantante Taylor Swift The Red Tour en Asia.
Frota En febreiro de 2018 a frota de AirAsia (quitando subsidiarias) estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de AirAsiaAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A320-20074—180Airbus A320neo18252186Airbus A321neo—100236Total92352
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Malaisia