O KK Mornar Bar (cirílico: КК Морнар Бар) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Bar, Montenegro. O club compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, sendo na temporada 2018−19 un dos dous equipos do seu país xunto co KK Budućnost Podgorica.

Historia Fundado en 1974 co nome de Gimnazijalac Bar, os seus xogadores eran membro do Ximnasio Bar. Pronto mudaron o seu nome a KK Mornar Bar, no cal mantense até a actualidade. A mediados da década de 1990, o club se clasificouse para a prestixiosa Copa Korać a través da Liga Iugoslava de baloncesto, que naquela altura era unha das máis fortes de Europa. En 2006, tras a independencia de Montenegro, o Mornar Bar fusiónase co KK Primorka Bar. Entre os maiores éxitos do cub destacan o subcampionato de liga en 2011, 2016 e 2017 e de copa en 2010, 2016, 2017 e 2018, derrotandos sempre polo poderoso Budućnost, e da Balkan International Basketball League (BIBL) en 2016, pmde fprp derrotados polo Sigal Prishtina de Kosovo (82-68 en Pristina e 75-68 en Bar). Na temporada 2016−17 xogaron por primeira vez na Liga do Adriático, chegando na súa segunda tmeporada na competición ás semifinais, onde perden por dous partidos a un contra o KK Crvena zvezda (Estrela Vermella de Belgrado).

Temporadas AnoNivelLigaCopaOutras competiciónsCompeticións europeas2009–10 1 Prva A 3º Subcampión Liga dos Balcáns 2010–11 1 Prva A 2º Liga dos Balcáns 2011–12 1 Prva A 3º Semifinalista Liga dos Balcáns 2012–13 1 Prva A 5º Liga dos Balcáns 2013–14 1 Prva A 3º2014–15 1 Prva A 4º Semifinalista Liga dos Balcáns 2015–16 1 Prva A 2º Subcampión Liga dos Balcáns 2016–17 1 Prva A2ºSubcampión ABA Liga 8th 3 Champions League <center>2017–18 1Prva ASubcampiónABA Liga 3 Champions League <center> 4 FIBA Europe Cup <center> Fonte: Eurobasket.com

Palmarés Competicións domésticas Liga de Montenegro Subcampións (3): 2011, 2016 2017 Copa de Montenegro Subcampións (4): 2010, 2016,2017, 2018 Liga dos Balcáns (BIBL) Subcampións (1): 2016

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Balkan League Perfil en eurobasket.com/

Mornar Mornar