Simón bar Kokhba (), nado como Simón ben Kosevah, foi o líder da revolta xudía que leva o seu nome, contra o Imperio Romano no ano 132. Estableceu un estado xudeu independente na provincia de Xudea, no que gobernou durante tres anos levando o título de Nasi. O seu estado foi conquistado polas forzas do emperador Hadriano no ano 135 tras unha guerra de dous anos e medio.

Nome Os documentos descubertos no século XX na grota das Cartas deron o seu nome orixinal, con algunhas variacións: Simeón bar Kosevah (), Bar Koseva () ou Ben Koseva (). É posible que o seu nome orixinal fose Bar Koseva. O nome pode indicar que o seu pai ou o seu lugar de orixe se chamaba Koseva,Suxeríuse, Khirbat Kuwayzibah. Ver Tamén, pero pode ser tamén un simple apelido familiar.

O sabio xudeu Rabbí Akiva consentiu a posibilidade de que Simón fose o Mesías xudeu, e deulle o apelido "Bar Kokhba" que significa "Fillo da Estrela" en arameo, do verso do Libro dos Números relativo á profecía da estrela:

O nome Bar Kokhba non aparece no Talmud pero si noutras fontes eclesiásticas. Os rabinos posteriores a Akiva non compartiron a súa visión sobre Bar Kokhba. Un discípulo de Akiva, Yose ben Halaphta, chámalle "bar Koziba" (), que significa "fillo da mentira".O léxico estándar do hebreo e arameo rabínicos é: Marcus Jastrow, A Dictionary of the Targumim, The Talmud Babli and Yershalmi, and the Midrashic Literature (Nova York/Berlín: Verlag Choreb e Londres: Shapiro Valentine & Co. 1926). O único significado aportado para o termo arameo Kazab en Jastrow é "falsedade", e todos os exemplos citados por Jastrow da literatura rabínica teñen o significado de mentira, decepción ou falsidade. En hebreo moderno, o significado habitual de kazab é "mentira", porén tamén pode ter o significado de "decepción". Calquera intento de traducir "bar Kozeba" como "fillo da decepción" sería forzar o significado desde unha linga moderna ata unha palabra similar dunha lingua diferente con milenios de diferenza. O xuízo de Bar Koseba implica que o seu cambio de nome se levou a cabo polos estudantes rabínicos no tempo da codificación do Talmud, onde o nome sempre aparece como "Simon bar Koziba" () ou Bar Kozevah.

A revolta

miniatura|Shekel de prata de Bar Kokhba. Anverso: a fachada do Templo xudeu cunha estrela nacente rodeado polo texto "Shimon". Reverso: un lulav e etrog, o texto di: "pola liberdade de Xerusalén" A pesar da devastación causada polos romanos durante a primeira guerra xudeu-romana (66-73), que deixou a poboación e a rexión en ruínas, promulgáronse unha serie de leis polos emperadores romanos que supuxeron o xerme dunha segunda revolta.Historia Augusta, Hadrian 14.2, onde o César prohibe aos xudeus circuncidar aos seus nenos. Ver tamén o Talmud de Babilonia (Avodah Zarah 8b e Sanhedrin 14a) onde a autoridade romana prohibe aos xudeus nomear xuíces en casos de indemnizacións ou multas. Baseados na delineación dos anos do Chronicon de Eusebio de Cesarea, foi no ano décimo sexto do reinado de Hadriano, o que equivale ao cuarto ano da 227º Olimpíada, cando comezou a revolta xudía, baixo o gobernador romano Tineius Rufus, mentres que Hadriano enviou un exército para esmagar a resistencia. Bar Kokhba, o líder da resistencia no momento, castigou a todo aquel xudeu que rexeitou unirse ao seu bando. Chronicle of Jerome, s.v. Hadrian. See also Yigael Yadin, Bar-Kokhba, Random House New York 1971, p. 258. Dous anos e medio despois, a guerra rematou. O emperador Hadriano prohibiu a entrada dos xudeus en Xerusalén, e construíu unha nova colonia romana, Aelia Capitolina, sobre os restos da antiga cidade.

No ocaso da guerra, o emperador consolidou as vellas unidades políticas de Xudea, Galilea e Samaria na nova provincia Syria Palaestina, o que se interpretou como un intento de eliminar calquera asociación con Xudea.Sharon, 1998, p. 4. According to Moshe Sharon: "Eager to obliterate the name of the rebellious Judaea", the Roman authorities renamed it Palaestina or Syria Palaestina.

Segundo o arqueólogo israelí Yigael Yadin, Bar Kokhba tratou de resucitar a lingua hebrea e converteuna na lingua obrigatoria para os xudeus como parte da súa ideoloxía mesiánica. No libro A Roadmap to the Heavens: An Anthropological Study of Hegemony among Priests, Sages, and Laymen (Judaism and Jewish Life) de Sigalit Ben-Zion, Yadin remarca: "semella que este cambio veu como resultado da orde dada por Bar Kokhba, que quería revivir a lingua hebrea e convertela na lingua oficial do estado."

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Revolta de Bar Kokhba

Categoría:Revolta de Bar Kokhba Categoría:Finados en 135