Irene Villa González, nada en Madrid o 21 de novembro de 1978 é unha esquiadora paralímpica, xornalista e escritora española. Cando tiña doce anos sufriu un grave atentado de ETA canda súa nai. Como resultado da detonación dunha bomba perdeu as dúas pernas, amais de tres dedos da man esquerda. Ata 2007 foi delegada en Madrid da Asociación de Vítimas do Terrorismo.
Traxectoria Filla da funcionaria da Dirección Xeral da Policía María Jesús González, e de Luis Alfonso Villa, o 17 de outubro de 1991 padeceu un grave atentado de ETA con coche bomba na rúa Camarena do madrileño barrio de Aluche. Quedou sen as pernas e de tres dedos dunha man por mor do estoupido dunha bomba apegada no vehículo no que, coa súa nai, ía camiño do colexio.El Español Súa nai perdeu unha perna e un brazo.
Segundo fontes policiais, ETA pretendía matar un inspector de policía destinado na comisaría do distrito dos Cármenes, relacionado sentimentalmente coa nai de Irene"El atentado en el que sufrieron heridas una mujer y su hija iba dirigido contra un inspector de policía", El País, 20 de outubro de 1991. Nese día, ETA asasinou con outra bomba lapa ao tenente do Exército de Terra Francisco Carballar; pola tarde, mutilou gravemente ao comandante de infantaría Rafael Villalobos. Os etarras acusados do seu atentado foron José Javier Arizkuren Ruiz, Kantauri, e Soledad Iparraguirre, Anboto.Llega a España el etarra "Kantauri"
Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Europea de Madrid, e realizou tamén cursos de psicoloxía e humanidades. En 2004 publicou o seu primeiro libro, "Saber que se puede", no que amosa a súa experiencia e diversas reflexións. É columnista de prensa e colabora en distintas emisoras de radio, como no programa La Linterna da COPE, que dirixe e presenta Juan Pablo Colmenarejo. En 2012 gañou a Antena de Oro polo seu traballo na cadea de televisión 13tv."Anne Igartiburu, Irene Villa y Nuria Roca premiadas por su trabajo en televisión" Mujer de Élite, 29 de outubro de 2012.
Manifestou en reiteradas ocasións a súa oposición a calquera negociación con ETA e co proceso que abrira o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.«No quiero ni un muerto más, pero quiero Justicia», entrevista en El Mundo], 13 de febreiro de 2006.
Actividade deportiva Irene Villa é esquiadora alpina paralímpica clasificada como LW12-2, e forma parte da Fundación También, unha dos oito membros orixinaisFicha na federación de esquí. Este equipo foi o primeiro feminino de esquí alpino adaptado en España., como membro deste equipo, adestra con Teresa Silva, Esther Peris, Mariluz del Río, Sandra Cavallé, Nathalie Carpanedo e Alberto Ávila. Villa gañou varios ouros en competicións españolas, e en 2011 converteuse en campioa da Copa España na modalidade en cadeiraIrene Villa logra dos oros en al campeonato de Catalunya de Esquí Alpino Adaptado Kitaro. Nevasport. 25-1-2010."Broche de oro para el equipo de esquí de la Fundación También". Kitaro. Nevasport. 16-4-2011.. En marzo de 2013 fíxose co campionato de España de slálom e co subcampionato de España en súper xigante e slálom xigante."Dos oros y una plata para Nathalie Carpanedo, dos platas y un oro para Irene Villa, tres platas para Alberto Ávila y dos bronces para Mariluz del Río" EstoesDxT. 21-3-2013.
Libros
Saber que se puede. Recuerdos y reflexiones de una víctima del terrorismo. Editorial Planeta, 2004. ISBN 978-84-270-3065-7 Saber que se puede, veinte años después. Edición ampliada y actualizada. Editorial Planeta, 2011. ISBN 978-84-270-3715-1 Nunca es demasiado tarde, princesa. Editorial Planeta, 2013. ISBN 978-84-670-4021-0 El libroabrazo. Espasa Libros, 2015.Planeta de Libros ISBN 978-84-670-4332-7 Como el sol para las flores. España Libros, 2015. ISBN 978-84-670-4516-1
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Deportistas paralímpicos de España Categoría:Vítimas de ETA