O KRS Vanke Rays é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Shenzhen, na provincia de Guangdong (China). Inicialmente foi coñecido como Kunlun Red Star WIH (en chinés simplificado 深圳昆仑鸿星 ou 昆仑鸿星, chinés tradicional 深圳崑崙鴻星 ou 崑崙鴻星, pinyin Shēnzhèn Kūnlún Hóngxīng ou Kūnlún Hóngxīng, romanización Yale para o cantonés Sāmzan Kwānlèuhn Hùhngsīng ou Kwānlèuhn Hùhngsīng), mudando o seu nome logo de fusionarse co outro equipo chinés da liga, o Vanke Rays no verán de 2018. O equipo competiu dende a súa fundación en 2017 e ata 2019 na Canadian Women's Hockey League (CWHL), e dende 2019 na Zhenskaya Hockey League rusa. Está operado polo Kunlun Red Star, un equipo masculino da cidade de Pequín fundado en 2016 e que compite na Kontinental Hockey League (KHL). O KRS Vanke Rays xoga os seus partidos como local no Shenzhen Dayun Arena de Shenzhen, un pavillón con capacidade para 18 000 espectadores, se ben para a tempada 2021-22 trasladouse ao Mytishchi Arena de Mytishchi (Rusia) por mor da pandemia de COVID-19.
Historia O club constituíuse o 5 de xuño de 2017 nun esforzo por mellorar a selección chinesa de hóckey sobre xeo. O equipo fichou a dúas xogadoras antes do anuncio oficial do equipo: a porteira finlandesa Noora Räty e a dianteira estadounidense Kelli Stack. Red Star anunciou que Digit Murphy, anterior adestradora xefa das Boston Blades, sería a adestradora, mentres que Rob Morgan, de Yale, sería o adestrador xefe asociado.
Na súa primeira elección no draft da CWHL de 2017, o Kunlun Red Star seleccionou á finlandesa Noora Räty. Na segunda rolda seleccionou á estadounidense Alexandra Carpenter, mentres que na terceira rolda a franquía chinesa seleccionou á All-Star da NWHL Shiann Darkangelo.
Na súa primeira tempada conseguiu clasificarse para os play-offs logo de finalizar na segunda posición da liga regular por detrás de Les Canadiennes de Montreal cun total de 43 puntos (catro puntos menos que as canadenses. Logo de derrotar por 2-1 nas semifinais a Calgary Inferno, disputando un terceiro encontro no que se terían que xogar tres prórrogas e que se convertería no partido máis longo da historia dos play-offs pola Clarkson Cup, as xogadoras do Kunlun Red Star conseguiron chegar á final da Clarkson Cup en Toronto fronte a Markham Thunder de Markham (Ontario, Canadá). Na final, disputada no Ricoh Coliseum de Toronto o 25 de marzo de 2018, as canadenses conseguiron alzarse co título logo de derrotar na prórroga ás chinesas por 2 goles a 1.
O 3 de agosto de 2018, a CWHL anunciaba so seu sitio web que daquela Kunlun Red Star mudaría de denominación na tempada 2018–19. O novo nome da franquía pasaría a ser Shenzhen KRS Vanke Rays, como resultado da fusión do Kunlun Red Star co outro equipo da cidade de Shenzhen que competía na CWHL, o Vanke Rays, que finalizaran na quinta posición da liga regular na tempada precedente, non clasificándose para os play-offs. A fusión levouse a cabo logo dun duro período de seis meses de viaxes a Norteamérica, unha viaxe de 15 horas cun desfase horario de 12 horas. O ex-adestrador de Vanke Rays Rob Morgan foi designado director xeral da franquía. Anunciouse tamén que o Kunlun Red Star permanecería como equipo separado integrado por xogadoras chinesas e adestrado por un corpo técnico chinés como parte da preparación para o equipo nacional chinés de cara ao Camponato do Mundo de 2019 e os Xogos Olímpicos de Inverno de 2022 que se celebrarán en Pequín, sendo o propio Morgan o director deportivo. O KRS Vanke Rays anunciou a incorporación da ex-porteira de Princeton Kimberly Newell e da ex xogadora de UConn Huskies Leah Lum, así como a renovación de varias xogadoras como a porteira do ano 2018 Noora Räty. O troco de denominación estivo acompañado tamén da mudanza no banco, asinando Bob Deraney como adestrador xefe.
Xogadoras O Kunlun Red Star na súa primeira tempada estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Kunlun Red Star # Nac. Nome Pos. Idade Nacemento 2 Baiwei Yu D Harbin 6 Melanie Jue D Richmond, BC 8 Lixue Xing A Harbin 9 Alexandra Carpenter A Cambridge, MA 11 Taylor Marchin A Algonac, MI 12 Stephanie Anderson D North St. Paul, MN 13 Siye He P Harbin 15 Madison Woo A Plymouth, MN 16 Kelli Stack A Cleveland, OH 18 Liying Yang A Harbin 19 Hongxin Yan D Qiqihar 21 Wenzhuo Wang A Qiqihar 27 Shiann Darkangelo A Brighton, MI 29 Bo Wang D Harbin 30 Yuqing Wang P Harbin 41 Noora Räty P Espoo 44 Zoe Hickel A Anchorage, AK 49 Jessica Wong D Baddeck, NS 91 Rachel Llanes A San José, CA 93 Zhixin Liu D Qiqihar 94 Lu Wen D Harbin 98 Rui Zhu A Harbin
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Kunlun Red Star Sitio web do Kunlun Red Star
Categoría:Equipos da Canadian Women's Hockey League Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo da China