Melvin Eugene "Tony" Bettenhausen, nado en Tinley Park (Illinois) o 12 de setembro de 1916 e finado en Indianápolis o 12 de maio de 1961, foi un piloto de automobilismo estadounidense. Gañou o Campionato Nacional de Carreiras en 1951 e 1958.
Traxectoria Bettenhausen foi alcumado o Tinley Park Express en homenaxe á súa cidade natal. Foi alcumado "Tunney" polo campión de boxeo dos pesos pesados Gene Tunney. "Tunney" máis tarde converteuse en "Tony".
Bettenhausen foi parte do "Chicago Gang" de coches Midget con Emil Andres, Cowboy O'Rourke, Paul Russo, Jimmy Snyder, e Wally Zale. percorreron pistas no medio oeste e oeste dos Estados Unidos.
Coches Midget Gañou o campionato de pista na Milwaukee Mile en 1942, 1946 e 1947. Foi o campión de Raceway Park en 1941, 1942 e 1947. En outubro de 1950 participaba nunha carreira en Sacramento (California), cando o seu coche bloqueou as rodas con outro coche de carreiras provocando un accidente a través do gardarraíl, provocando lesións mortais ao espectador Peter Bernard Stuberak e lesións a outros dous espectadores.Spectator Dies from Injuries at Auto Race Track (San Bernardino County Sun, 17 de outubro de 1950)
Gañou o Turkey Night Grand Prix de 1959 e o Hut Hundred en 1955 e 1956.
Coches Indy Pilotou na AAA e na serie de USAC Championship Car, competindo nas tempadas 1941 e 1946-1961 con 121 saídas, incluíndo 14 nas 500 Millas de Indianápolis. Terminou 71 veces no Top Ten, con 21 vitorias.
Gañou o Campionato Nacional en 1951 logo de lograr oito vitorias e dous acabados no segundo lugar en catorce carreiras. Anunciou a súa retirada de todas as carreiras logo das 500 Millas de Indianápolis da tempada. Decidiu regresar a tempo completo para a tempada de 1954. Viuse involucrado nun accidente cun coche Midget en Chicago, sufrindo lesións na cabeza tras golpear un muro de formigón. Estivo en estado crítico por varios días.
Preparouse de antemán para co-pilotar co seu amigo da Chicago Gang Paul Russo nas 500 Millas de Indianápolis de 1955. Terminaron segundos.
En 1958 converteuse no primeiro piloto en gañar o campionato nacional sen unha vitoria. Asegurouse o título cun segundo posto en Phoenix. Terminou segundo no campionato nacional detrás de Rodger Ward en 1959.
Morte Bettenhausen morreu en 1961 nun accidente no Indianapolis Motor Speedway mentres probaba un vehículo Stearly Motor Freight Special para Paul Russo. O coche estrelouse contra o muro exterior da pista e logo rodou 10 metros ao longo da barreira. O coche detívose nunha zona de herba entre o muro e a Tribuna A, coa cola do coche en chamas. As investigación mostraron que o accidente foi causado por un parafuso da ancoraxe que caeu do soporte da barra do radio dianteiro, permitindo que o eixe dianteiro virase e desaliñase as rodas dianteiras cando freou, o que levou o coche contra o muro.
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
AnoCocheSaídaCualRanq.FinalVoltasLíderRetiradas19464226123.0941320470Biela19472925120.9801718790Engrenaxe de sincronización1948622126.39610141670Embrague1950148130.9471631300Porca da roda195159131.9503091780Trompo T419522730135.3841724930Coche parado1953986136.0242091960Accidente T319541021138.27519291050Coxinete1955102139.98513 2º2000Correndo1956995144.6025221600Accidente T119572722142.4399151950Bandeira1958339143.91910420024Correndo1959115142.7211842000Correndo1960218145.2149231250BielaTotais197524
Saídas14Poles01ª liña1Vitorias0Top 53Top 105Retiradas10
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Blue Crown Spark Plug / Moore Kurtis Kraft 2000 Offenhauser L4 GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA 21º = 1 Mobiloil / Rotary Engineering Deidt Tuffanelli Derrico Offenhauser L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0 Blue Crown Spark Plug / Earl Slick Deidt Tuffanelli Derrico Offenhauser L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0 J.C. Agajanian Kuzma Offenhauser L4 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Automobile Shippers / Casaroll Kurtis Kraft 4000 Offenhauser L4 ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0 H.A. Chapman Kurtis Kraft 500C Offenhauser L4 ARX MON 500 BEL NED GBR ITA 13º = 3 Belanger Motors Kurtis Kraft 500C Offenhauser L4 ARX MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0 Novi Racing Kurtis Kraft 500F Novi V8 ARX MON 500 FRA GBR ALE PES ITA NC 0 Jones & Maley Cars Epperly Indy Roadster Offenhauser L4 ARX MON NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MOR 17º 4 Hoover Motor Express Epperly Indy Roadster Offenhauser L4 MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA 16º 3 Lindsey Hopkins Watson Indy Roadster Offenhauser L4 ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA NC 0
† Indica unidade compartida con Joie Chitwood logo de retirarse co seu coche. * Indica unidade compartida con Chuck Stevenson e Gene Hartley. ‡ Indica unidade compartida con Duane Carter, Marshall Teague e Jimmy Jackson logo de retirarse co seu coche. џ Indica unidade compartida con Paul Russo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Greatest 33
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Finados en 1961 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Kuzma Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Kurtis Kraft Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Epperly Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Pilotos das 500 Millas de Indianápolis