Sergio Fajardo Valderrama, nado en Medellín o 19 de xuño de 1956, é un político, matemático, profesor universitario colombiano e candidato a presidente da República de Colombia. Foi Alcalde de Medellín de 2004 a 2007 e Gobernador do departamento de Antioquia de 2012 a 2015. Nas eleccións presidenciais de 2018 é candidato pola Coalición Colombia conformada polo Polo Democrático Alternativo, a Alianza Verde e o Movemento Compromiso Cidadán.

Traxectoria Foi fórmula vicepresidencial do candidato Antanas Mockus nas eleccións presidenciais do ano 2010 co Partido Verde. Os medios de comunicación catalógano como un candidato de centro.

Como xornalista estivo enfocado en diferentes temas do eido nacional. Foi Subdirector do xornal El Colombiano e columnista de El Mundo, El Espectador e a revísta Dinero; traballou nos programas de televisión Operación Cidade de Telemedellín e Zanahoria de Teleantioquia e pertenceu ao equipo de Viva FM de Caracol Radio, cadea radial na que recalou durante os primeiros meses de 2008, como parte do equipo xornalístico do programa 6 AM - Hoy por hoy.

Participou en procesos de paz como membro fundador da Comisión Facilitadora de Paz de Antioquia durante a gobernación do expresidente Álvaro Uribe e ditou conferencias sobre o conflito armado en Colombia.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Medellín Categoría:Alcaldes de Colombia Categoría:Gobernadores de Antioquia