Ignazio Giunti, nado en Roma o 30 de agosto de 1941 e finado en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1971, foi un piloto de automobilismo italiano, que competiu en coches deportivos e turismos a finais dos 60.
Traxectoria En 1968 pilotou para Alfa Romeo, foi segundo na Targa Florio e cuarto co-pilotando nas 24 Horas de Le Mans con Nanni Galli. En 1970, Giunti asinou por Ferrari principalmente para o seu equipo deportivo, e gañou as [12 Horas de Sebring] e a Targa Florio, ademais de acadar outras boas posicións. O seu éxito deulle unha oportunidade na Fórmula 1 e terminou cuarto no seu debut en Bélxica en Spa. Correu tres veces máis ese ano.
Ferrari tamén estaba probando ao piloto suízo Clay Regazzoni, que superou a Giunti, aínda que o italiano asinou por Ferrari para 1971.
Giunti morreu durante a súa primeira participación en 1971 correndo nos 1000 km de Buenos Aires, cando o seu prototipo Ferrari 312PB bateu contra a parte traseira do Matra 660 de Jean-Pierre Beltoise, que estaba empuxando o coche ao longo da pista despois de que se esgotara o combustible. Morreu debido ao impacto e o posterior incendio.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápidaOs resultados de Formula One World Championship derivan de .
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos Scuderia Ferrari Ferrari 312B Ferrari 12 en liña RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA MEX 17º 3
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Roma Categoría:Finados en 1971 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Daytona Categoría:Pilotos das 12 Horas de Sebring Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición