Fillos dun deus menor (en ) é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Randa Haines e escrito por Hesper Anderson e Mark Medoff. É unha adaptación da obra homónima de Medoff, e está protagonizado por Marlee Matlin (que gañou o Óscar pola súa interpretación) e William Hurt que interpretan dous traballadores dun colexio para xordos.

Foi o primeiro filme da actriz xorda Matlin, e Fillos dun deus menor salienta por ser o primeiro filme dende 1926, co filme mudo You'd Be Surprised, en ser protagonizado por actor xordo. Recibiu cinco nomeamentos na 59ª edición dos Óscar, incluíndo a categoría de mellor actriz que gañou Matlin. Con só 21 anos naquela época, Matlin foi a actriz máis nova en recibir o premio nesa categoría en particular, e segue a ser a única persoa xorda en gañar en calquera categoría. Fillos dun deus menor tamén foi o primeiro filme dirixido por unha muller en ser nomeado na categoría de mellor filme.

Sinopse Sarah Norman é unha moza que traballa como celadora nunha escola para persoas con deficiencia auditiva en Nova Inglaterra. Un profesor novo e enérxico, James Leeds, chega á escola e incentívaa a que deixe de lado a súa vida illada, aprendendo a falar en voz alta. Como ela xa emprega a lingua de signos, Sarah resístese ás tentativas de James para facela falar, mais ela é reticente a causa dunha historia de violación. Entre James e Sarah desenvólvese unha historia romántica e van vivir xuntos, a pesar de que as súas diferenzas e teimosía mutua os levan case ata a ruptura, pois el continúa a querer que ela fale, aínda que a súa soa presenza atafegue a Sarah.

Sarah deixa a James e vai vivir coa súa nai nunha cidade próxima, reconciliándose no proceso. Mentres, ela e James encontran un xeito de resolveren as súas diferenzas.

Personaxes Marlee Matlin como Sarah Norman William Hurt como James Leeds Piper Laurie como Mrs. Norman Philip Bosco como Dr. Curtis Franklin Allison Gompf como Lydia Bob Hiltermann como Orin Linda Bove como Marian Loesser

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Randa Haines Categoría:Filmes sobre xordos Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego