Antonio González Salmón González de Lago, nado en San Felices del Valle (Cantabria) o 1 de novembro de 1768 e finado en Tarifa o 21 de xaneiro de 1834, foi un político español que chegou a ser Secretario de Estado e do Despacho Universal de Facenda
Traxectoria Funcionario do corpo diplomático, foi cónsul Xeral en Tánxer en 1801. Foi o artífice da unión da illa de Tarifa ao continente para conseguir fondeadeiros facilmente defendibles, pois desde 1790 aparecen os primeiros proxectos diante de Carlos IV, que foron finalmente desestimados. En 1801, volveuno propor e aínda que comezaron os estudos para levalos a cabo, volveron quedar postergados. Finalmente, en 1807, Godoy deu a orde de levalos a cabo, e foron rematados en 1808.
Despois foi presidente da Compañía de Filipinas e intendente provincial e superintendente de Facenda. O 3 de novembro de 1819, foi nomeado por Fernando VII secretario de Estado e do despacho de Facenda, substituíndo a José de Imaz. Ostentou o cargo até o 22 de marzo de 1820 no que foi nomeado superintendente do Montepío de Loterías. Tamén foi ministro interino de Ultramar entre o 10 de febreiro e o 17 de marzo de 1820.
Condecoracións Recibiu permiso de Fernando VII para ostentar a Cruz de Comendador da Orde imperial de Leopoldo, recibida do emperador de Austria polos servizos levados a cabo en cando fora cónsul de Marrocos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de ministros de Economía e Facenda
Categoría:Nados en 1768 Categoría:Finados en 1834 Categoría:Ministros de España Categoría:Historia de España do século XIX