O río Cabalar é un curso fluvial galego, afluente do Tambre pola súa dereita.

Percorrido Nace no monte Enxameado, no concello de Curtis. Atravesa a parroquia da Ciadella, do concello de Sobrado, en dirección sur. Xa no concello de Vilasantar, crúzao polas parroquias de Vilariño, San Vicenzo de Curtis e Présaras, para acabar desembocando no Tambre, na parroquia de Mezonzo.

Afluentes Afluentes do río Cabalar por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

Río do Pazo, desemboca preto de Ladrús, pola marxe dereita. Rego de Chacente, desemboca preto de Chacente, pola marxe esquerda. Río Pequeno, desemboca preto de A Casa do Vento, pola marxe esquerda. Río Pedregoso, desemboca preto de Guillareo, pola marxe esquerda. Rego das Lanzas, desemboca preto de A Laxe, pola marxe dereita. Rego do Bidueiro, desemboca preto de Tamou, pola marxe dereita. Río dos Muíños, desemboca preto da Fraga, pola marxe dereita.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cabalar Categoría:Afluentes do Tambre Categoría:Curtis Categoría:Vilasantar