Fotolingua é un concurso organizado polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago para darlles visibilidade aos estabelecementos comerciais que fan uso do galego. O primeiro Fotolingua realizouse no ano 2016, a súa periodicidade é anual.
Premiadas/os 2016 O premio do público foi para a foto realizada por Alba María Vinke Dovale da tenda Nikis na rúa do Preguntoiro. O premio do xurado foi para a foto realizada por Pablo Víctor Estévez do estabelecemento Queroté na rúa de San Pedro.
2017 O premio do público foi para a foto realizada por Óscar Curros da Libraría Chan de Pólvora na rúa de San Pedro. O premio do xurado foi para a foto realizada por Silvia Cristo do Ultramarinos Algalia. Fora en primeira instancia para a foto de Sofía Aguirre da Panadaría O Cornecho da rúa Galeras, mais non o puido recibir ao non ser localizada.
2018 O premio do público foi para a foto realizada por @orbaloooo da tenda de agasallos Mononoke na rúa de San Pedro. O premio do xurado foi para a foto realizada por Ana Arceo Túñez da Lavandaría Rodela na rúa de Alejandro Pérez Lujín. Destacaron a especial atención que lle dedicaron ao concurso Xaime Varela Sieiro e Rafael Rodríguez Rey.
Notas
Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:Santiago de Compostela