Janice Lynn Kuehnemund, nada en Saint Paul (Minnesota) o 18 de novembro de 1962"Minnesota Birth Index, 1935-2002," database, FamilySearch (https://familysearch.org/ark:/61903/1:1:VCNT-C6F : 6 May 2014), Janice Lynn Kuehnemund, 18 Nov 1962; from "Minnesota Birth Index, 1935-2002," database, Ancestry (http://www.ancestry.com : 2004); citing Ramsey, Minnesota, United States, Minnesota Department of Health, Minneapolis. e finada en Colorado Springs (Colorado) o 10 de outubro de 2013, foi unha músico estadounidense, guitarrista e fundadora da banda de glam metal Vixen.
Traxectoria En 1974 fundou na súa escola a banda Genesis. Xa en 1980 creou Vixen, que tivo grande éxito a finais da década de 1980 na escena glam cos discos Vixen e Rev It Up. Nesa época tocaron con bandas como Scorpions, Bon Jovi, Kiss ou Deep Purple. En 1991 decidiu separar a banda.
En 1999, logo de que Roxy Petrucci refundase a banda sen a súa autorización, demandou a batería por infracción dos dereitos de autoría, o que provocou a segunda separación do grupo. En 2001 decidiu refundar Vixen canda a Roxy e Janet Gardner, pero volveron os problemas entre elas.
A finais de 2012 diagnosticóuselle un cancro, do que faleceu en outubro de 2013.
Discografía Vixen (1988) Rev It Up (1990) Live & Learn (2006) Extended Versions (2006; en directo)
Notas
Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Saint Paul, Minnesota Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Finados por cancro