Ducados é unha marca comercial de tabaco creada por Tabacalera en 1963. Historia Xurdiu primeiramente como marca de tabaco negro. Vendíase en caixas brandas, envolta en papel de cartón e en bolsa de picadura, tabaco cortado para facer cigarros sen filtro. A envolta tiña unha característica cor azul co nome Ducados escrito en letras moi grandes.

A marca é agora propiedade de Altadis que vende tabaco negro e dende 2005 tamén Ducados Rubio. Fíxose moi coñecida no mercado español polo seu baixo prezo e por estar dispoñible en tódolos establecementos de venda. Estaba feito con tabaco 100% procedente de Canarias. A marca véndese en España, Portugal, Francia, Alemaña e Austria.

Notas

Categoría:Marcas de tabaco